leoeosseus

mércores, 16 de decembro de 2009

Cesta de libros


Hoxe fomos co Leo buscarlle contos á biblioteca de Vilaguindastre ( na foto hai oitenta anos ). Levamos a sorpresa de que dan unha participación por cada libro que prestan para entrar no sorteo dunha cesta chea de libros que enche o ollo a calquera. Segundo parece non é o primeiro ano que fan isto.
Gústame este xeito de animar á leitura !.

Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 17/12/09, 00:31 , Blogger Eva G. Rei dixo...

A min tamén me parece unha iniciativa boísima, e xa sabía dela o ano pasado. Pero non lle tocou aos nosos...

 
Ás 17/12/09, 01:02 , Anonymous hormiga dixo...

pois se tes un boleto xa tes posibilidades de que che toque. Sorte.

 
Ás 17/12/09, 01:22 , Blogger Unknown dixo...

Unha vez mais, te perdin.Menos mal que ti no esqueçes do meu blog.
Xa te teño fichado outra vez.

Fai tempo que non entro numa biblioteca, me gusta quedar os libros que leo. E claro ahí teño que devolverlos,jeje

E unha iniciativa moi boa, pra que os rapaces lean mais, e os non tan rapaces.

Bicos

 
Ás 17/12/09, 07:51 , Blogger Dilaida dixo...

Paréceme unha moi boa idea e unha mágoa que non a copien en máis sitios.

 
Ás 17/12/09, 13:23 , Blogger Bolboreteira dixo...

Sí señor! Unha boa forma de aniamar a que a xente lea, os sorteos de calquera cousa que sexa suelen ter éxito.
Xa me gustaía que aquí tuevesen algunha iniciativa parecida.
Sorte!

 
Ás 17/12/09, 16:43 , Blogger Lapis-vermello dixo...

Si, a verdade é que a idea non está nada mal.. xa me gustaría que aquí en Lalín fixeran iso. Ogallá vos toquen.. Saúdos,.

 
Ás 17/12/09, 20:23 , Blogger BRABIDO dixo...

Sempre e un motivo pa volver,o edificio pouco cambiou.

Boas lecturas

 
Ás 17/12/09, 20:29 , Blogger Raposo dixo...

Moi boa idea, a ver si esa iniciativa se amplía a outras bibliotecas.

 
Ás 18/12/09, 14:40 , Anonymous Zeltia dixo...

as bibliotecas todas fan moitos inventos para animar á lectura, principalmente ós cativos, pero son os pais os que por comodidade moitas veces non os levan.
e é moi dificil loitar contra a tele e os videoxogos,
así que moi ben pola tua iniciativa de levar o neno,
e a da biblioteca, claro.

 
Ás 18/12/09, 19:29 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non serei eu quen lle poña un "pero" a esas iniciativas. En todo caso que sería d@os bibliotecari@s se quedan sin "clientes"?. Así que...que agucen o inxenio, raio!!!

 
Ás 19/12/09, 16:57 , Anonymous paidovento dixo...

Pois si, o ano pasado tamén a tiñan, e non nos tocou. Imos ir para a semana a ver se este ano hai sorte.
Un saúdo, familia invisible.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio