leoeosseus

mércores, 2 de decembro de 2009

Historia da tetilla


Fedellando pola interrede topei esta imaxe dun queixo que di: Em Santiago de Compostela havia a estátua de uma rainha que tinha os seios muito avantajados. Um dia, um bispo mandou cortá-los. Assim nasceu o queijo " Tetillas " que curiosamente tinha... E aí remata a historia dunha curiosa campaña publicitaria que di " Histórias que a comida nunca teve hipótese de contar " e que me deixa intrigado porque non sei se haberá no fondo algunha lenda relacionada co este queixo.
Se alguén pode iluminarme estaría agradecido que me informase.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 22:21, 02/12/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Cando atopes pola interrede algo que non che aclare sobre as magníficas virtudes do queixo da Ulloa (e se é de Antas con máis motivo); avísame.
De tetillas non entendo nadiña. Eso sí, ando tentando aprender de xeito cotiá...

 
Ás 00:51, 03/12/09 , Blogger Mario dixo...

O da censura eclesiástica si ten algunha base. No pórtico da Gloria o profeta Daniel mira (e sorrí o primeiro sorriso da arte medieval) cara a unha muller (raíña ou non) que seica tiña unha dianteira prominente. Algún bispo mandoulle limar os peitos de pedra, coido que máis dunha vez, pero dubido que sacasen queixos das sobras.

 
Ás 08:34, 03/12/09 , Blogger HADEX dixo...

hummmm...que curioso....eu tamén quero saber!!!

 
Ás 10:00, 03/12/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Pois gostaria de lhe ser útil mas não conheço nenhuma lenda sobre queijos.
Um abraço

 
Ás 13:59, 03/12/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

Vaia! esa si que é unha forma poética para promocionar o queixo...algo macabra, pobre raiña despeitada(literalmemte).
O que conta Mario tamén é interesante.
Bicos!

 
Ás 17:57, 03/12/09 , Anonymous brabido dixo...

Non che podo axudar,so sei que e moi sabrosa.

Saúdos

 
Ás 18:59, 03/12/09 , Blogger Mer dixo...

Pois seguro que sí que terá algo que ver cos peitos, pero eu non coñezo historia algunha.

A ver se alguén nos ilumina.

 
Ás 00:07, 04/12/09 , Blogger An dixo...

Curiosa, coido que pode ter algo de certo...pero sabe deus. SAúdos e apertas

 
Ás 11:37, 04/12/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

A min pásame o mesmo, nin idea, pero supoño que terá que ver (a tetilla co membrillo... un pracer(!)

 
Ás 18:18, 04/12/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Non teño nin idea pero... non sei porque sospeito que ti xa sabes algo.
A.cris

 
Ás 20:12, 04/12/09 , Anonymous Zeltia dixo...

pois eu penso que primeiro foi o queixo, e despois a lenda
:-)

algo tan artesano coma o queixo... e con leite! ¿cómo non ía alguén por rematar dándolle forma?

iso sí, se atopas algo sobre iso, cóntanolo.

 
Ás 23:58, 05/12/09 , Blogger Cuspedepita dixo...

Eu tampouco teño idea, pero quizá teña algunha relación a lenda co que comenta Mario, anque tamén pode ser un invento para promocionar o queixo, pero peréceme algo macabro de máis para ser só iso.
Interesante tema, sí señor, xa me picou a curiosidade ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio