leoeosseus

sábado, 5 de decembro de 2009

Montando o Belén


O Nadal está de cada vez máis perto e tocou facer a instalación da árbore de nadal e o nacemento. O Leo está encantado coas luciñas e os adornos e non hai forma de que entenda que os agasallos de adorno da árbore están baleiros e alá os abre todos. No Belén fai carreiras cos reis e os seus camelos e inclúe un tal Mortadelo na lista de reis. Estes días está na casa a curmá e pásano mui ben xuntos e onte entrou na biblioteca de Vilaguindastre por primeira vez e apampou con tanto libro. E a chuvia que segue.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 11:41, 06/12/09 , Anonymous Zeltia dixo...

tamén chove na coruña, unha chuvia mansiña, que pon unha cortina gris diante dos ollos, agrisa os tellados, confunde nunha mistura de grises a liña do hourizonte. parece que espertar e envolverse de gris un pouco o ánimo casa ben co dia, ata pode que me vista de gris hoxe. por iso chegar ó teu blog e atopar a cariña do leo, é coma un arco da vella.
ainda que tamén me achega un chisco de nostalxia: o meu fillo tamén enredaba coas figuriñas, (neste caso carreiras e loitas)... poñía "coches" pendurados da árbore...
i eu era tan nova e tan parva (non sempre teñen que ir xuntas as duas palabras pero adoitan) que lle berraba! dábame rabia que estragara "a decoración" ...
pódese ser máis gilipollas?

está visto que hei ter que "sacar peito" que o bombardeo emocional da navidade non fixo máis ca empezar

 
Ás 12:17, 06/12/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Oes, pois Mortadelo como rei mago tamén podía ter o seu puntazo eh. A imaxinación dos nenos non ten límites, nin siquera cando se poñen a "montar o Belén"!!!.

Por certo, en Antas hoxe chove a caldeiros. So fai intermedios de choiva miudiña que di Zeltia, pero despois volve arroaiar como se non chovese nunca.

Apertas

 
Ás 15:01, 06/12/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Tes que levalo ,se non chove,o monte a por musgo.Mortadelo de San Jose,Ofelia de Maria,e o Filemon de neno Jesus.

Unha aperta

 
Ás 17:22, 06/12/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

O mellor do Nadal.. a ilusión dos nenos.
Biquiños!

 
Ás 18:10, 06/12/09 , Blogger Cuspedepita dixo...

Os meus xa van grandiños. Nótase porque este ano aínda non se acordaron da árbore nin do nacemento. Outros anos xa me tiñan tola a estas alturas de tanto preguntar "¿poñémolo hoxe?, ¿cando has ter tempo ?"

 
Ás 20:35, 06/12/09 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

aquí tamén chove! choiva e vento grr
e aquí tamén se xoga coas figuras do nacimento :)

 
Ás 20:11, 07/12/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Será por auga, por iso mesmo non preparei nada pois eu utilizo varios tipos de ramas, hiedras e outros elementos naturais para montar o chiringuito na casa e... calquera sae
Bicos
A.Cris

 
Ás 23:37, 09/12/09 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

mírao, se el mesmo parece un querubín. ñam!

bico :*

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio