leoeosseus

sábado, 2 de xaneiro de 2010

Trinta e nove meses ( e seis días )

E pasou o mesario do Leo e despisteime. O Leo celebrou o fin de ano comendo uvas de lata especiais para nenos pero sen rematar a ducia e entrou no ano cun ataque nocturno sorpresa dun mosquito ou araña que o deixou cunha orella e unha pálpebra inchadas que semellaba un trasno.
E así vai co seu falar castrapeño en voz alta comezado todo cuns " Ei ! " esaxerado e inventando historias. No comer é mui seu e sabe máis de merenda e sobremesas que de comida. Pide ( case sempre ) para facer as súas necesidades e millora as súas relacións cos demáis ( anque no primeiro está tímido ).

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 11:34, 03/01/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Secadra no primeiro, tras a timidez visible, está estudando por onde iniciar o contacto. Poda que o Leo vaia para o corpo diplomático...

Está feito un mozo. Deben ser eses seis días que pasan do mesario :-)

 
Ás 11:47, 03/01/10 , Blogger HADEX dixo...

Ala!! Que guapo e mocetón!!! Que siga cumprindo e vós para velo!! Bicos moitos!!!

 
Ás 14:18, 03/01/10 , Blogger fonsilleda dixo...

É ben bonitiño. A min tamén pasoume fai tempo o da pálpebra e supoño que sería o mesmo.
¿Uvas de lata para nenos?, ¡ai que ver que tempos!
Bicos

 
Ás 15:31, 03/01/10 , Blogger Unknown dixo...

Como medrou!!! Xa tens un home en casa, va sendo hora de mudar os meses polos anos,jeje

Bicos

 
Ás 21:16, 03/01/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois a min paréceme un neno moi guapo e parece que ten cara de bo...

 
Ás 12:29, 04/01/10 , Blogger vintxuca dixo...

Parabéns para Leo polo cumplemeses...agora debe aprender a comunicarse tamén cos bichos para que non lhe fagan trasnadas, cousa que lhe vai resultar moi util cando medre...xa que hai moito animalinho dando guerra....unha aperta!!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio