leoeosseus

mércores, 28 de abril de 2010

Abrente


Sentín envexa polo solpor que exhibe Chousa dende a súa casa real e virtual e teño que contraatacar con parte do abrente que se admira dende o meu novo domicilio. O sol que inunda de verdade a metade da vivenda e ver ao Leo pararse debaixo da cuarta farola para saudarme coa man camiño da escola son dúas ledicias que me alegran as mañás.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 08:54, 29/04/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois si que é unha paisaxe fermosa! E se está Leo formando parte debaixo da farola, moito máis.

 
Ás 10:09, 29/04/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Se é o que eu digo... onde haxa un baño con ventá que se quiten os cegos, por moi espaciosos que sexan.
O cambio foi verdadeiramente bo.
A ver cando poño eu as vistas...

 
Ás 21:41, 29/04/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Aínda que non sexamos blogueiros con vista, está claro que sí que temos vistas!. E nesa túa que amosas, podendo verse ó Leo...nin o sol pode superala.

Apertas (hoxe con nubes dende a miña fiestra oeste -e na leste tamén-)

 
Ás 22:30, 29/04/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Tampouco ti tes ninghunha mala vista.
Dende logo que non. Ata poderíase dicir sen Leo.
Bicos.

 
Ás 00:50, 30/04/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

ese explendor de verde tamén é moi apetitoso... a mín encantaríame poder ver algo así desde a miña ventana... pero por suposto, nada como a mirada dun pequeno ¡verdade?

bicos,

 
Ás 13:02, 01/05/10 , Blogger An dixo...

Pois a vista é fantástica. é o detalle do Leo, fenomenal. Agardo que esteades ben. Saúdos

 
Ás 11:45, 03/05/10 , Anonymous Zeltia dixo...

unha alegre vista para empezar o día, verde é luz, natureza... e o Leo dicindoche adios coa man.
Paréceme unha conxunción perfecta.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio