leoeosseus

xoves, 15 de setembro de 2011

Inicio do cole



O Leo empezou o cole o luns pasado. O pobriño pensaba que lle ían tirar o cole novo do ano pasado e ían facer outro porque coincidiu que todos os cursos cambiou de edificio pero, claro,non foi así. O que si cambiou foi a profe que xa non é unha chica cun tríscele no colgante e que fala galego. Pero este non foi o único cambio. O ano pasado ninguén nos dixo que ía ter relixión e levamos unha sorpresa no Nadal cando o Leo quería buscar a Herodes que mata aos nenos por todos os Nacementos. Podemos pasar iso, vale; que non nos avisen de que hai opcións arelixión e que lle metan cousas extrañas na chencha ao neno. Que o libro de relixión sexa o único en castelán, vale, tampouco é problema para nós. O que si non se pode pasar é pagar por un libro que ensine cousas como a da imaxe: o pai e o neno a xogaren e a nai a varrer. Este ano o Leo vai dar alternativa e a ver que sae de aí.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 23:04, 15/09/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois é a mellor das alternativas! Unha cousa que non sexa aprender a comulgar con rodas de muíño!
Ai! Que duro se fai o inicio de curso! Se non fose polas crianzas, coma Leo...

 
Ás 23:22, 15/09/11 , Blogger mfc dixo...

É assim mesmo!
Nós é que somos os educadores!

 
Ás 02:09, 16/09/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Acho que fazem bem. Antes dos professores estão os pais e depois deles também.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 08:53, 16/09/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Boa opción, e iso que cho digo eu.
Aínda así tampouco hai que preocuparse tanto por esas cousiñas, que nós reparamos en máis cousas que os nenos a esas idades. E tendo na casa bos exemplos, non hai nada que temer.

 
Ás 14:33, 16/09/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

uich! escapouselle aos que revisan os contidos!

ti es que tés mala idea... non ves que o pai era carpinteiro? non está a xogar!, está a traballar!
papá carpintero
mamá sus labores

si es que así no se puede, con esta gente atea perdida que por enriba quiere hablar jallego.

 
Ás 20:52, 16/09/11 , Anonymous Anónimo dixo...

http://chuza.gl/story/inicio-do-cole

 
Ás 21:04, 16/09/11 , Blogger Peke dixo...

Penso un pouco como Eva G. Rei; nós reparamos en máis cousas ca eles e tendo bos exemplos na casa...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio