leoeosseus

luns, 27 de febreiro de 2012

Anécdotas do Sergas




Hai tempo lin que o Sergas organizara un concurso de anécdotas e foron ao humor facilón e infantil que menospreza a fala da xente que non ten que ver co mundiño profisional médico.
Aquí copio e pego algo:

-Butano: “Box de Urgencias. Anamnesis del facultativo a un EPOC severo: -Y dígame, usted tiene oxígeno en casa? Y responde el acompañante: -Ai, non, nós na casa temos butano”.

-Mamadafría: “Estando en el mostrador de cita especializada se acerca un hombre seguido de su mujer y me dice: ´A ver, que veño ca muller do ginecólogo e dixo que lle hai que facer unha mamadafría`. En principio no supe ubicar la prueba a la que se refería, pero al instante se me iluminó la bombilla y dije: ´¿una mamografía?, si eso eso, pero que seña pronto. Bestial!!! (…). Me tuve que levantar para buscar el documento correspondiente (y partirme el culo de risa de paso, jejejeje)”.


E como estamos aquí todos para rir eu contribúo a ese concurso de anécdotas coa foto que demostra que os libros do centro de saúde de Vilaguindastre teñen vida propia. Iso si que é unha boa anécdota !.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 19:32, 27/02/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Estupendo!

 
Ás 22:30, 27/02/12 , Blogger Dilaida dixo...

Que sorte!!! Tedes libros que se soben aos andeis eles sós.
Bicos

 
Ás 23:24, 27/02/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Gostei.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 23:45, 27/02/12 , Blogger Raposo dixo...

Xenial o cartel, co teu permiso voullo mandar a unhas amigas do Sergas.

 
Ás 16:53, 28/02/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois moi ben, paideleo!, vou farta de escoitar a famosa do Doctor Rino.

 
Ás 20:27, 28/02/12 , Blogger mfc dixo...

Ehehehehehe... óptimas as 3 anedotas!!
A vida supera toda a imaginação!

 
Ás 21:22, 28/02/12 , Blogger Angel Utrera dixo...

Ai que tomar a vida con filosofia, e o traballo con resignacion ...porque tal e como anda o patio, xa non se sabe que é o peor que nos pode pasar.....Pero dende logo a capacidade de botar un sorriso que non falte....

 
Ás 21:28, 28/02/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O do cartel fíxome pensar un anaco na posibilidade de que os reanimasen moito no centro de saúde :-)

 
Ás 22:27, 28/02/12 , Blogger xenevra dixo...

Pois si que andamos mal na sanidade. Nin os andeis poden estar os pobres dos libros :(

 
Ás 10:26, 29/02/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Que razón tes, e que bo ese cartel.
En Vilaguindastre tiña que ser...

 
Ás 12:53, 29/02/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

aínda estou a rir.

bicos,

 
Ás 21:46, 06/03/12 , Blogger o canto da lúa dixo...

Moi bo jajaja.
Un saúdo.

 
Ás 11:19, 08/03/12 , Blogger Mer dixo...

boísima calquera delas, jaja, a foto xa cha roubei para o facebook

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio