leoeosseus

sábado, 4 de febreiro de 2012

Inocencia



Pasa o tempo por riba de todos e fainos adultos e un chisco ruins. Sempre lembrarei a inocencia de Leo preparando o agasallo para o décimo terceiro aniversario dun curmán. Preparoulle con toda a ilusión os números escritos do un ata o trece en folios para colorear.

Encántame esa inocencia !. Que tarde en perdela !.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 04/02/12, 02:46 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jaja, pois ainda hai adultos que cando fan os agasallos para alguén, compranlle as mesmas cousas que lle gustaría que lle compraran a eles!

(e moi enternecedor o do Leo)

 
Ás 04/02/12, 07:54 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Hai que recoñecer que Leo é orixinal e creativo facendo agasallos. E paciente. Colorear os números ata o trece dá o seu traballo!

 
Ás 04/02/12, 15:14 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Que tarde en perdela!.
Vou ter que ir a apañar lamprea, mais que sexa no prato.

 
Ás 04/02/12, 22:34 , Blogger Dilaida dixo...

Estou de acordo contigo, que tarde moito en perdela.
Bicos

 
Ás 05/02/12, 22:38 , Blogger mfc dixo...

Que continue assim por muito tempo!!
Esta inocência é linda!

 
Ás 06/02/12, 21:04 , Blogger xenevra dixo...

danme moita envexa estes agasallos. Nunca saberei porque a xente se empeña en perder a inocencia indo de tendas.

 
Ás 06/02/12, 21:39 , Blogger Angel Utrera dixo...

Bendita¡¡¡¡si. E que dure sempre, porque a inocencia e a base dos soños...E a xente que nolos ten esta mais que morta, ...non existe.
Apertas.

 
Ás 07/02/12, 12:26 , Blogger matrioska_verde dixo...

si ti lle axudes e con un pouco de sorte, non a perderá nunca.

eu aínda faigo regalos fermosos con moito amor, e non me importa pasar tempo nesta tarea, sempre me paga a pena.

bqñs.

 
Ás 07/02/12, 21:21 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Concordo plenamente. Bendita inocencia!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio