leoeosseus

venres, 10 de febreiro de 2012

Ser famoso



Eu nunca envexei a fama de ninguén porque todos temos a nosa vida e non todo o mundo ten que enteirarse se un ten caries, está de baixa ou lle fan unha colonoscopia, por exemplo. Hai outros famosos que dan pé para facer monecos de guiñol con eles no estranxeiro e levantan polémica. A min iso non me encomodaría. O que si me fastidiaría é que fixesen un desatascador coa miña imaxe como fixeron uns coa imaxe da famosa Lola Flores, quediolateñanaghloria. Iso si que é grave e atenta contra a persoa.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 22:59, 10/02/12 , Blogger El Canto de la Luna dixo...

Jajaja...,moi bo!

Chego ata aquí por que atopei un comentario teu (en galego) nalgún blog que visito.
Así que... preséntome:
Veño dende "El Canto de la Luna" o meu espazo en castelán, como teño "O Canto da Lúa" (en galego),quixera invitarte a que me coñezas.

Un saúdo,e co teu permiso quédome por aquí.

 
Ás 23:07, 10/02/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Así e todo hai moito inxeño no mundo empresarial (aínda que a Lolita e familia non lles guste!)
Saúdos

 
Ás 11:37, 11/02/12 , Blogger Dilaida dixo...

A verdade é que vendo o resultado case prefiro ser completamente descoñecida.
Bicos

 
Ás 12:25, 11/02/12 , Blogger xenevra dixo...

Xa sabes, unha imaxe vale máis ca mil palabras. hahahaha

 
Ás 23:54, 11/02/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

paréceche?
pois un desatacasdor é un chisme moi útil.
e ó que se lle ocorreu un artista!

 
Ás 11:32, 12/02/12 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

E deica pouco escoitarase ao desatascador cantar aquilo de "Pena, penita, pena"!

 
Ás 19:59, 12/02/12 , Blogger mfc dixo...

A vida privada é intocável!
A devassa dela devia ser sempre bem castigada.

 
Ás 20:49, 12/02/12 , Blogger Angel Utrera dixo...

Xa dicia un paisano meu, fai anos....Alà polo Al Andalus...
¡¡HAY GENTE PA TOOO...¡¡¡

 
Ás 18:50, 13/02/12 , Blogger Divagando sobre... dixo...

Pois si que é caer ben baixo! Agora só queda que fagan un papel de water coa súa imaxe... Inda me fixeches rir un pouco, que ben que me veu nestes tristes tempos... Saúdos.

 
Ás 21:04, 15/02/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois eu non o sabía o do desatascador, sí que é un pouco feo...

bqñs,

 
Ás 22:02, 15/02/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Andei por aí pondo a leitura em dia. E acho que tem razão neste post. Pessoalmente eu acho imoral. Mas já se faz de tudo. A ganância do homem não tem limites.
Um abraço e tudo de bom para si e para a sua família.

 
Ás 15:21, 16/02/12 , Anonymous vakastolas dixo...

Xa se sabe que mesmo onde algúns ven un desatascador outros ven arte (non se inaugura ARCO esta semana?)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio