leoeosseus

venres, 16 de marzo de 2012

Fame blanca


O Leo está pasando unha mala época con mimos e contestando mal. Non sabemos o que lle pasa que sempre di " mentiroso ", " seta " ou " y a mi que me importa " e varía a tontería duns días para outros. Supoñemos que serán ciumes da irmá e que se lle irán pasando... ou indo a máis, quen sabe ?. Tamén o pasou mal ultimamente porque ten unha moa picada. Non comía nada e espertaba de noite coa dor. Onte foi ao dentista e púxolle un empaste temporal e o Leo recuperou bo humor e apetito. Non é que agora teña fame negra pero vai comendo e así o Leo di: " Hoxe non teño fame; teño " fame blanca ".
Deixo unha foto dese pirata que nos rouba corazón e que nos dá malos e bos momentos.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 23:15, 16/03/12 , Blogger Dilaida dixo...

Eu penso que ao mellor ten uns poucos de celos. É moi normal, moitas veces parece que non prestan atención, pero están en todo.
Eu tiña o costume de chamarlle ao meu neto maior "meu neno precioso"; cando naceu o seu irmán, un día solteille o mesmo, el estaba xogando pero de alí a un pouco, veu onda min e díxome "avoa o teu neno son eu, este é un bebé".
Leo está moi guapo na foto, é un neno moi guapo.
Bicos

 
Ás 12:06, 17/03/12 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que tal compañeiro.
Sempre nos fastidia un pouco que se volvan contestóns, pero é normal, sobre todo cando hai un pequeno detrás e hai que repartir as atencións e os mimos. Pero tranquilo que xa pasará. O importante é disfrutar con eles antes de que medren, logo disfutaremos doutra maneira.

Un saúdo

 
Ás 20:31, 17/03/12 , Anonymous peke dixo...

Teño entendido que a todos lles pasa algo semellante, refírome á época de contestóns. Supoño que é difícil correxirlles o vicio, pero con paciencia e calma...

 
Ás 23:06, 17/03/12 , Blogger mfc dixo...

Esses ciúmes da irmã são naturais e passam com o tempo.
É a forma que ele tem de chamar a atenção para ele...

Um grande abraço.

 
Ás 00:25, 18/03/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

faime gracia iso de fame branca...

igual o leo está nesa edade de afianzar o seu carácter...
eu lembro que sobre dos catro aniños do meu fillo saíulle un carácter que traballo me costou afacerme á falta da ternuriña, cariños e sorrisos todos quen era antes dos catro anos.
Aí sacou peito e marcou personalidade. Supoño que quería deixar de ser "un neno pequeno" e de que o trataran como a tal.

a min paréceme Leo un pirata encantador.

 
Ás 06:43, 19/03/12 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Que ocorrente! Fame branca!

O dos ciumes pasa co tempo. Non hai caso!

Bicos.

 
Ás 11:21, 20/03/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡¡canto dan que criar!!

biquiños piratas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio