leoeosseus

domingo, 15 de abril de 2012

Auga de bacallao


O outro día aprendín unha expresión e non quero que se perda pola miña parte así que a poño aquí. Resulta que avóM quería cambiar un terreo coa xunta de montes e foi á reunión. Á volta a avoaM preguntoulle pesimista: " Que, o do cambio ó final quedou en aghua de bacallao ? ".
Esta expresión significa que algo que se planeaba queda en nada. Preguntei ao señor Google acerca desta expresión e descubrín que sae na wikipedia. Tamén descubrín que é unha frase feita da que gusta especialmente algún periodista e incluso atopeina como tradución da expresión española " quedar en agua de castañas " que oportunamente retrato arriba a falta dun retrato de auga de bacallao.
Espero que este posteo non quede en auga de bacallao e que aproveites esta frase no futuro.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 15/04/12, 23:31 , Blogger mfc dixo...

Aqui também se usa a mesma expressão e com o mesmo significado.

 
Ás 15/04/12, 23:57 , Blogger Dilaida dixo...

Efectivamente, "Ser (quedar en) auga de bacallao / - de castañas" Dise cando algo non chegou ao cabo ou non tivo a fin que se agardaba.
En galego é tan correcta a do bacallao coma a de castañas.
Bicos

 
Ás 16/04/12, 23:33 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Moitas gracia pola aportación.

 
Ás 17/04/12, 16:01 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu tampouco escoitara antes nunca esta expresión.

a min recórdame a castelá "aguas de borraja", que era unha pranta dos pobres... claro que agora coa publicidade dos acidos omega 6, as "borrajas" estanse a convertir en tesouros de herbolario pagados por ricas neuróticas e crédulas da publicidade, venga a nosotros tu reino.

tentarei usar auga de bacallao en vez de agua de borrajas

 
Ás 18/04/12, 14:47 , Blogger La queue bleue dixo...

Paideleo, agradecem-se muito estes posts para "salvar" expressons, :-) e Arbo é certamente fascinante nesse sentido ;-)
Também ouvim dizer "augas de bacallau", em plural (igual que em português estándar). É-che umha pena que seja precisamente a fraseologia umha das partes mais ameaçadas da língua :-/
Por certo, que nom comento habitualmente, mas sigo lendo por aqui e dá gosto ver a evoluiçom da vossa família :-) Abraços!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio