Décimo mes
A conta corre e xa imos polo décimo mes da xoubiña.
Segue feita un fervellico que non ten paraxe nin na teta nin durmindo que se destapa toda. Cando está esperta vai dun lado para outro agatañando ou apoiándose nas cousas ou das dúas mans dun adulto. Hai veces que queda solta un segundo de pé sen apoiarse pero aínda non ten a confianza para empezar a camiñar.
En canto ao comer, vai comendo enganándoa con galletas ou gusanitos para que abra a boca e así meterlle outra cousa.
Xa lle saíron dous dentes arriba: grandes e separados; e ten o mal costume de enganchalos na mesa do televisor. Estanlle asomando outros dous arriba.
De forma de ser parece alegre e curiosa de máis cos enchufes, cables, ordenadores e rodas e obxectos redondos. Gústalle a música, collerlle cousas ao irmán e xogar a cucú pero cando bota verdadeiras gargalladas é cando a perseguimos ou lle botamos a bronca.
En definitiva, esta nena non nos vai aburrir no futuro.
Etiquetas: xela I
8 comentarios:
Está preciosa. Moitas felicidades para Xela.
Bicos
Está moi guapiña. Esperemos que os ciumes non prendan en Leo. Non hai que olvidarse del.
Parabéns. Xela está cada dia mais bonita.
Um abraço e muitas felicidades
logo sopraredes a candea do ano.
biquiños,
Xa non vos aburre no presente!. Disfrutádea, que cando "espigan" botaredes de menos estes momentos.
Apertas
(Seguro que o sabedes, pero para os enchufes con toma de terra hai uns protectores de pegar no interior, de xeito que para enchufar calquera cousa solo hai que facer un leve xiro. E evitan que as xoubiñas metan calquera cousa neles)
Claro que non vos ides aburrir...
Está preciosa, e vaise parecendo máis á mamá...
A ver cando a vexo en persoa!
No comentario que deixaches na miña entrada disme que a túa avoa está nunha residencia na Peroxa. Alí hai tres, na residencia da fundación San Xosé traballan dúas curmás miñas, se é nesta onde está, mándame o nome dela ao correo; para dicirlle ás miñas curmás que son amiga do seu neto. A relación que teño coas miñas curmás é coma se fósemos irmás, polo tanto non te cortes.
Bicos
Pois si, a nena está lindísima. É imposible que vos aburrades cun ser humano que está descubrindo o mundo e as súas posibilidades. Noraboa!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio