leoeosseus

domingo, 13 de maio de 2012

Mediando maio




O tempo de chuvia dá un respiro e debuxa solpores espectaculares.





Pódese fotografar unha xoubiña preciosa sentada na herba.






Ou unha parelliña de irmáns atentos a varios paparazzis.




Tamén o menda pode ser obxectivo para a cámara do fillo aprendiz de fotógrafo.






Pódese cazar un grilo para " capar " ou buscar pedras.





Pódese ir buscar un tesouro de piratas a unha cova que non é máis que un óquele deitando auga abundante resultado de tanta chuvia.





Anque tamén hai tempo para axudar a moer millo para os pitos ou probar cereixas de cedo ou comer as últimas mandarinas da tempada.
En fin, isto e máis pasa a mediados de maio.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 09:23, 14/05/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡¡como se parecen os nanos!!

¡¡que ben saíches os tres!!

e cantas cousas bonitas facedes, seguro que o Leo disfrutou do lindo có millo.

biquiños,

 
Ás 10:43, 14/05/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Fermosa reportaxe fotográfica. Con todo estaren os nenos fermosos e o pai, quédome coa moenda do millo. Había ben tempo que non a vía...
Case sentín o recendo.

 
Ás 11:12, 14/05/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Non sei porque este post me emocionou... quedei unha miga de tempo analizando a emoción e non o teño claro.
Pode que sexa ese arrecendo a felicidade cotiá e plácida que desprende...

 
Ás 11:14, 14/05/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

(que maior se ve o Leo á beira da nena...! e que richa ela con eses dous dentiños?)

ti tes que comer máis :-)

 
Ás 22:40, 14/05/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Aquí non chegaron aínda as cereixas (nas cerdeiras); pero os merlos si. E moito madrugan os cabróns!!!

 
Ás 01:07, 15/05/12 , Blogger Antón de Muros dixo...

Cantas posibilidades!
Parabéns polos teus fillos ;-)

Aperta.

Antón.

 
Ás 11:05, 16/05/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Excelentes post com belas fotos.
Gostei de ver os filhotes lindos. Quanto ao aprendiz de fotografo, a minha neta está nessa faze. Fotografa o que mexe e o que está quieto. Ou seja, tudo. Adora a máquina, vira-a ao contrário e fotografa-se a si própria. E é claro foras as que estão tremidas tem fotos lindas, em que só paparecem os olhos ou a boca.
Um abraço e saúde e sorte para criar os seus lindos filhos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio