leoeosseus

luns, 9 de xullo de 2012

O eterno ciclo


Pasan os anos e volve repetirse a historia: nenos da cidade como os segundos primos do Leo e Xela que pasan as vacacións na aldea dos avós e aprenden o que son os muiños, os regatos, as lesmias, os mexacáns, os saltóns, as caroucas ( como a da foto ) e máis novidades dun mundo distinto ao coñecido por eles.
Fanme lembrar aqueles veráns longos da miña infancia coa liberdade e as descubertas na aldea.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 00:12, 10/07/12 , Blogger Dilaida dixo...

Eu coñézoa como vacaloura.
Bicos

 
Ás 22:24, 10/07/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tamén eu "vacaloura" ou "escornabois"
pero só recoñezo os que teñen cornos.
Por certo, que xa hai ben tempo que non vexo ningunha...
sempre me parece que pasar os primeros anos na aldea é un privilexio, máis hoxe en día, que non teñen ningunha desventaxa con respecto ós da cidade, como se podía ter cando eu era nena, que as aldeas estaban illadas; pero inda así, descubrir o mundo tan rico do meu entorno foi algo que sempre agradecerei ó azar.

 
Ás 22:40, 10/07/12 , Blogger mfc dixo...

Ao tempo que não via uma carocha!!
Efeitos de viver na cidade... infelizmente!

Um grande abraço.

 
Ás 09:46, 11/07/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu tamén tiven aldea e gardo bós recordos das festas, das durmidas en colchóns no faiado...

biquiños,

 
Ás 22:31, 12/07/12 , Blogger Angel Utrera dixo...

Pensei ao ver a foto que era unha bacaloura.....xa quedan moi pouquiñas, o mesmo que as ...Non sei como e palabra en Galego....as Luciernagas". Eu recordo a primeira vez que vin a coñecer Galicia, fai case coarenta anos, cuns amigos acampabamos cerca de Betanzos, nun prado e teño un fermosisimo recordo do que na noite, nos deixou abraidos a todos nos,....daquela nenos de cidade-Madrid-non tiñamos nin idea do que eran as luciernagas....¿Que pasou con elas....Os pesticinas...teñen a culpa.

 
Ás 13:12, 15/07/12 , Anonymous peke dixo...

Hai dous días, volvendo á casa á noitiña, atopamos varios lucecús ou vagalumes (luciérnagas) polo camiño.

 
Ás 12:10, 19/07/12 , Anonymous Anónimo dixo...

Daquela os veráns duraban máis tempo e os días eran máis longos. Non mo negue.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio