leoeosseus

sábado, 13 de abril de 2013

E o pazo ardeu

 
 
Hoxe acerqueime a Mos que estaba a celebrar o seu " Arde o pazo 2013 ".
 
Había postos de polbo, pan, churros, queixo, filloas, etc. Tamén había postos de artesáns coma o zapateiro que fixo as tamancas de xigante da foto onde o homiño semella barallar sobre se lle servirán ou non semellantes zapatóns.
 

 
 
Había un posto con xogos feitos de madeira e coñecín o xogo do tatedrez.
 
 
 
Non faltaban ferreiros, alfareiros, artesáns da gaita, palilleiras, unha tecedeira e ourives.
 

 
 
Por haber ata había un cesteiro que estaba a facer unha cabana de vimbio para a festa da prehistoria que haberá en Mos no verán.
 


Pero o prato principal é a representación dos feitos que ocorreron hai máis de douscentos anos coa chegada do exército francés a Mos.
Estivo ben.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 20:31, 14/04/13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Os mesmos non son; pero léveme o diaño como teñen a mesma talla!

http://www.chousadaalcandra.blogspot.com.es/2012/07/collon.html

 
Ás 20:52, 14/04/13 , Anonymous peke dixo...

Se non estivo mal, boa cousa é. ;)

 
Ás 01:05, 16/04/13 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Muito interessante amigo. Fiquei curiosa com o jogo do tatedrês.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 13:05, 16/04/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

estas festas sempre resultan moi interesantes de ver... encántanme as botas xigantes.

biquiños,

 
Ás 14:39, 18/04/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

PARECE complicado o tatedrez (e nunca escoitara)

e moi contenta me pon ver que hai xente que continúa con estes oficios, inda que os compradores e o mercado variase.
Molan moito estas feiras.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio