leoeosseus

domingo, 30 de xuño de 2013

O Chapitel


 
Sempre acontecen sorpresas e así o Leo quedou a durmir nunha casa á beira da costa de Oia. A casa chámase " O Chapitel " e é un casón moderno con muitos cuartos, dúas cociñas, cuarto de xoguetes, terraza, xardín, grella, hamaca, bambán e piscina. Unha casa así aderezada da boa compaña de familia e amigos deu nunha tarde de sábado excelente, cun churrasco dos millores da miña vida e un solpor de película que me fixo lembrar unha lenda que escuitei hai ben anos.
Mandáronme recomendar esta casa de alugueiro polo favor pero ía falar dela de tódolos xeitos: non todos os días vives coma un rico sen gastar un chavo !.
A foto é dende o cuarto dos xoguetes e mírase o faro do cabo Silleiro.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 12:01, 03/07/13 , Blogger Concha L. F. dixo...

Estes luxos hai que gozalos ben, sen que nada escape!

 
Ás 01:20, 05/07/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

A vista é preciosa, e o que contas mui lindo de vivir...
(a lenda dá algo de medo!)

 
Ás 23:11, 05/07/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

soa moi ben... e hai unhas vistas magníficas.

biquiños,

 
Ás 18:47, 08/07/13 , Blogger mariajesusparadela dixo...

Veño darte novas de Dilaida (do blog Groucho), con quen falo cada semana.
Non entra no blog porque ten algún problema coa vista, pero vai polo bo camiño e loitando.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio