leoeosseus

venres, 1 de novembro de 2013

Xenética


 
Hoxe choveu e aínda chove e agrisalla as paisaxes e deixa repugnantes ou murchos aos nenos.
Pero non quero falar diso e si do paraugas de abaixo. Merqueino haberá uns quince días e meu irmán mercou o mesmo modelo un día deses noutro sitio distinto pero o " sete parroquias " igualito en todo !. El marcouno e eu tamén, non coa mesma marca que xa sería o colmo. Se todas estas casualidades non teñen que ver coa xenética que alguén mo explique



Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 03:14, 02/11/13 , Blogger Alís dixo...

Nestas cousas pode influir a xenética ou unha ensinanza común. Supoño que ós dous vos ensinaron a buscar a calidade do mesmo xeito, acertado ou non.

Isa marca ten nome estranxeiro. Onde quedaron os paragüeiros galegos?

Unha aperta

 
Ás 18:10, 02/11/13 , Blogger Raposo dixo...

Se non chovera nestas últimas semanas o mellor non mercabades o paraugas. Conclusión: pode a que choiva axudara nesa casualidade. He, he!!

 
Ás 19:10, 02/11/13 , Blogger Angel Utrera dixo...

Choveu.....chove e non e cusetion de xenetica, e de puro fastío.....Eu queria aproveitar a potne para facer bici e rutas....e mira ti. Onte alo menos sain ainda que volvin mollado ata os calzons, pero hoxe e imposible.....isto non e chover e un rio aberto nos ceos....cara a terra.Unha magoa.

 
Ás 18:25, 03/11/13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu tamén son de paraugas. Amólame moitísimo mollar a cachola. Escarállame a permanente!

 
Ás 14:40, 04/11/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

gústanme especialmente as fotos de hoxe. O tempo non está bo para facer nada fóra, pero sí para fotos, polo que se ve.

non sei o da xenética, mais o das casualidades, non só neste caso, é algo que dá para moito!

(sempre boto de menos un paraugas deses cando saco do meu bolso un pequerrechiño e pregable que non pesa)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio