leoeosseus

sábado, 28 de decembro de 2013

Publicación de blogs


Algúns blogueiros estamos de noraboa. Explícome. Nunha iniciativa insólita da Xunta, tal como pintan os asuntos económicos e o trato coa lingua; van publicar en forma de libro blogos galegos. Para optar á publicación hai que cumprir uns requisitos: a lingua do blogo debe ser o galego alomenos nun cincuenta por cento das entradas ( supoño que será polo do bilingüismo harmónico ); o blogo debe ter unha antigüidade de polo menos dous anos e debe estar actualizado ( se leva dous meses sen actualizar non ten opción á publicación ); aparte do texto tamén imprimirán as imaxes que sexan propias do blogueiro e respeitarase a corrección do blogueiro para a imprenta e, o millor de todo, todo, todiño sen custo ningún para o blogueiro. O número de exemplares por autor será de cincocentos con opción a unha segunda edición. Bueno, todo unha marabilla.
Eu cumpro eses requisitos así que vou empezar a prepararme.
Se cumpres os requisitos ou sabes de quen queira publicar o seu blogo podes coller información nesta ligazón.
E, xa sabes, rapidiño que o prazo remata nuns días.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 28/12/13, 01:55 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que bom Amigo. Eis uma boa maneira de começar o ano.
Um abraço e que 2014 realize todos os seus sonhos

 
Ás 28/12/13, 08:27 , Blogger Alís dixo...

Anímate. Sería un bonito presente para os teus fillos

Unha aperta

 
Ás 28/12/13, 18:54 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

;-)

 
Ás 29/12/13, 13:09 , Blogger Raposo dixo...

Ai, que sorte!!
Hoxe aínda non pasaría o prazo, ou??

 
Ás 09/01/14, 11:40 , Blogger Paz Zeltia dixo...

:P

bicho!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio