leoeosseus

martes, 11 de febreiro de 2014

Mil



Mil pode ser pouco ou muito dependendo de que asunto. Se son estrelas ou pingas de chuvia son poucas pero se son bicos e apertas xa é outro cantar.
Eu hoxe falo de mil porque é o número de posteos que levo neste blogo ( o anterior non o conto ) que xa é unha cantidade respectable tal como vai a vida dos blogos.
Só espero seguir posteando outros miles e que os comentarios tamén se multipliquen ( xa levo máis de nove mil cincocentos ).
Supoño que só precisarei dunha mente curiosa con ganas de descubrir e de diversión.
Xa se mirará !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 18:03, 12/02/14 , Blogger Concha L. F. dixo...

Pois parabéns polos mil(es). Xa vexo que Xela e Leo medran que se matan!
Moitos bicos.

 
Ás 20:58, 14/02/14 , Anonymous peke dixo...

Por outros mil! Comentarios non han faltar. :)

 
Ás 21:31, 15/02/14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Palabras maiores, tal como vai o mundo dos blogos, si. Alédame ben ter participado na feitura deses máis de nove mil cincocentos comentarios. E seguindo.
Mil parebéns

 
Ás 00:19, 16/02/14 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Parabéns, Pedriño. Xa me gustaría a min ser así de constante!
O meu está un pouco abandonado por culpa do Facebook, así que tentarei seguirte e de cando en vez facerche a competencia.
Saúde e Terra!

 
Ás 22:17, 17/02/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

E que non falten as ganas de compartir!

Parabéns polos MIL !!!! (NON é calquer cousa)

 
Ás 22:22, 19/02/14 , Blogger Alís dixo...

Parabéns!
Que sexan outros mil para empezar, e outros mil, e outros mil... e que o sigamos vendo.

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio