leoeosseus

domingo, 5 de outubro de 2014

Megarrotóndola

 
 
En Salvaterra do Miño hai unha rotonda grande así que decidiron enchela con elementos relacionados coa zona.
Así que puxeron un carro de bois co seu paisano que resaltará pola noite cando acendan as luces.
 

 Collía algo máis así que engadiron unha chalana do río co seu tripulante correspondente que se fai notorio tamén de noite.



Como lles parecía pouco xuntaron a mesa do alfareiro e os seus cacharros ben atornillados para que non os rouben.

 
 Debe ser que lles parecía soso así que nunha beira instalaron unha prensa de viño con dous bocois para rematar o conxunto.

 
E para rematar unha aportación vernácula cun cartaz nunha viña avisando " guirar beneno "  ( ou " guisas beneno " ?. Non é seguro. ) por se é caso de estar tentado un de comer uvas.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 01:47, 06/10/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Mas isso é uma rotunda ou uma quinta?
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 11:42, 23/10/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

os da rotonda, polo menos son cousas todas relacionadas co traballo da zona... que podía ser peoooooor!

:)

O das uvas debe ser como lo de cuidado con el perro

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio