leoeosseus

xoves, 16 de abril de 2015

1111


Hoxe quedamos no choio sen pallets e un compañeiro dixo con ironía que o xefe non se decatou porque os pallets non falan. A min viume á boca a frase que só lle oín dicir a meu pai: " Non falan nin toan " e tiven que explicar que " toar " significa dar sinais de vida, facer caso.
E últimamente semella que o bloguerío non fala nin toa que levo tres posteos seguidos e non houbo ningún comentario... e levo 1111 posteos e é a primeira vez que me acontece tal cousa !.
En fin, como di a pintada: " As paredes falan. Falemos con elas ! ".

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 19:48, 17/04/15 , Anonymous peke dixo...

Ás veces non comentamos porque non sabemos que dicir. Bicos, pai de Leo e Xela. ;)

 
Ás 19:49, 17/04/15 , Anonymous peke dixo...

E noraboa por eses 1111. Caraina!

 
Ás 19:55, 17/04/15 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

De vez em quando os leitores, ou tiram férias ou abandonam os blogues por troca com o Facebook.
Depois quando percebem a diferença, ou regressam ou fecham as portas de vez.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 13:18, 22/04/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

A bloguería estamos moi calados, é certo. Cada vez hai máis blogs especializados nalgunha temática mentres que os, digamos, "xerais" e "personais" foron minguando.
Eu creo que, en parte, é polas redes sociais tipo "facebook". alí publicas e podes ter todos os lectores que queiras (depende de a canta xente agregues) e hai un feed back inmediato.
Eu penso que cada cousa ao seu.
Hai uns meses tiven que facer un curso de community manager (un rollazo que mete medo)para o traballo, e quedoume claro que cada plataforma ten as súas funcións, inda que moita xente as utilice mal.
"facebook para as persoas, Twitter para as ideas"
e o blog para o que a un lle pete, eh? va que si!

 
Ás 13:26, 22/04/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ah e esquecíame! parabéns polos 1111
xa é unha cifra que ben merecía unha tarta!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio