Disfraz de cachimán
Este entruido foi un desastre con tanta auga caída do ceo. Só mirei disfrazadas ás empregadas dos dous Eroskis, nun ían de personaxes de Mario Bros e noutro de polis e cacos. Neste último tiñan un moneco de seguridade chamado Sr. Cachimán que para min significa un home forte, musculoso, un " cachas ". Pero non sabía se era palabra española ou galega así que busquei pola interrede. En español sae co significado de sitio pequeno para gardar cousas. En francés é o nome dunha fruita e logo é o nome dun lugar de Haití. Nun dicionario galego sae co significado de " sátrapa, home astuto e ladino ". Hai que seguir buscando para que apareza alguén da Coruña dicindo que é un tipo cachas e outro de Vigo especificando que di cachimán en galego para un home grande e forte. E tamén o topei nun vocabulario de Muxía.
Mira ti a que altura descubro que cachimán é unha palabra galega !.
Etiquetas: lingua X
4 comentarios:
Tá difícil. Por aqui no Domingo esteve bom tempo e os Corsos saíram todos à rua. Ontem na minha zona esteve bom tempo mas em alguns sítios choveu torrencialmente e os corsos foram adiados para o próximo sábado.
Por aqui a homens grande e fortes chamamos de armário.
Um abraço
foi un Entroido ben chuvoso, si señor! Pero con tal de que haxa festa, así chova! A ver se a Semana Santa vén mellor.
Apertas
Eu estiven todo o entroido metida na cama cunha gripe que máis parecía maldición ca enfermidade. Así que tanto me tivo a chuvia, que lle imos facer.
pois no meu entorno "cachiman" dicímoslle a un home que está musculado ("cachas")co engadido de ser alto e robusto. Eu sempre pensei que era unha palabra inventada, mestura de dous idiomas, deso que un día alguén fai a gracia, e espállase ("man" de home en inglés, e "cachi" diminutivo de cachas, "cachiman" :)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio