leoeosseus

venres, 19 de febreiro de 2016

Pupieiriñas everywhere


Estes días andei pola interrede dabondo para actualizar ligazóns e navegar polo pracer de navegar. E, cal foi a miña sorpresa cando topei un blogo onde falaban das Pupieiriñas; aquelas que creei para darlle xusto mérito ás mulleres que son as principais argallantes en asuntos do Nadal. ( Nós somos homes e elas deusas como ben aclaran nunha cafetaría de Marín ).
Ao que ía, eu non podía crer que as miñas Pupieriñas cobrasen vida e preguntei ao señor Google que todo o sabe... e si que cobraron vida !. Tanta vida cobraron que anda unha meiga viguesa dicindo que son protectoras dos nenos e tiroulles toda a relación co Nadal para metelas na mitoloxía celta !.
Outras rapazas puxeron o nome das Pupieriñas ao seu grupo girlscout.
Pero onde acadaron éxito foi polas terras de Vincios, Gondomar; onde saen nun conto titulado " Xulia e as pupieiriñas " e ata saen nunha obra de teatro do colexio " Apalpador e Pupieiriñas ANPA ".
Ten razón Eduardo Prieto Casares cando di que elas xa non precisan de min que hai que velas ceibes, nas bocas das xentes.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 00:37, 21/02/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Não sei se entendi bem. Inventou umas personagens, Pupieiriñas, e essas personagens se tornaram famosas? E o criador não sabia?
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 01:24, 21/02/16 , Blogger paideleo dixo...

Foi así, si.

 
Ás 14:29, 22/02/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Ostras! Pero creaches unhas criaturas de lenda! E foron de boca en boca, (ou se cadra de blogue en blogue) ata facérense reais!

Noraboa!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio