Indecisións
Dende o goberno un día din unha cousa e no día seguinte viran o sentido e din outra. Non sei de quen será a culpa pero a enleada das vacinas e dos grupos de idade rompen a cabeza a máis dun. Hoxe, poñamos por caso; van vacinar os de 50 a 55 anos, mañá mudan para os de 55 a 60 e pasado os vacinados serán de 60 a 65... e aínda non ha de parar o conto aí. Logo hai outra indecisión coas doses: que se dúas, que se unha, que se Astra Zeneca a primeira e Moderna a segunda, etc., etc. E digo eu, non poderán sentarse tranquilamente e decidir unha pauta a seguir e tirar para adiante co ela ? Medo me dá o que barallan !
Na foto unha indecisión de velocidade permitida: se queres correr miras o sinal da esquerda e xa está. Se queren multarte os axentes miran o sinal da dereita.
Etiquetas: covidia 21 I, curiosidades XXIII
1 comentarios:
Uma confusão que também passa por Portugal.
Abraço, saúde e bom domingo
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio