leoeosseus

domingo, 23 de maio de 2021

Vacinado


 

Onte pola mañá fun ao IFEVI á vacinación. Aparquei lonxe temendo lío de tráfico pero non facía falta. Fóra o ambiente era normal e semellaban os vellos tempos pero con máscara: un camión vendendo patacas de Xinzo, un posto da Once, unha rosquilleira onde se miran os avións decolar e xente a mirar eses avións. Supúñase que era xente da miña idade a que se ía vacinar pero semellábanme maiores. Serei eu así ? A enfermeira díxome que me ía pór a Moderna e dentro de 28 días será a segunda dose. Preguntou os datos e se tivera febre ou tomaba Sintrom e díxome que ao millor me daba cansazo e febre pero que pasaría en 24-48 horas e que tomase Paracetamol nese caso. E aquí estou. Dóeme un pouco o brazo esquerdo cando o ergo e máis nada. O malo é para un compañeiro de choio da miña idade que tivo o Cornaviros e que onte se vacinou  e deulle tanta reacción que está na cama con febre. Da outra vez non notou nada mais desta tumbouno. Espero que lle pase.

Pola noite houbo Eurovisión e mirei a partir da canción número quince. Na familia fixemos apostas e as que consideramos millores quedaron ben. Gañou Italia pero Franza non quedou mal nin Suiza. Gustábame a de Ucraína e Xela bailaba. Extrañoume Portugal cantando en inglés e non levei sorpresa coa posición de España.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 24/05/21, 11:04 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Eu e o marido levamos , a AstraZeneca, primeira dose, ele em Abril eu em Maio. Ele não sentiu absolutamente nada, eu estive três dias de cama com febre a rondar os 39 apesar do Paracetamol, dores no corpo todo, náuseas e vómitos. Vamos levar segunda dose, ele em Julho eu em Agosto, mas estou a tremer. Toda a gente me diz que a segunda dose dá uma reação muito maior e eu já estive tão mal com a primeira.
Quanto ao Festival da canção, a minha preferida era a da Suíça, seguida pela França e Alemanha. Suíça e França ficaram bem classificadas, a Alemanha não.
Abraço, saúde e uma boa semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio