Incendios por Galicia

Fedellando polo blogomillo adiante topei este cartaz fermosísimo que non puiden evitar cortar e colar.
Esta chuvia destes días fai de apagalumes para a nosa terra que sufriu o indecible estas semanas atrás. Tódolos anos arde, é verdade; pero o deste ano xa foi de máis.
Ogallá que estes lumes sexan os últimos nunha boa tempada e que os nosos montes recobren parte do esplendor pasado. E postos a pedir, eu tamén desexaría que os montes queimados se repoboasen con especies vexetais máis afíns co noso clima e non especies pirófilas coma o eucalipto e o piñeiro.
Sexa coma for, ogallá que os nosos montes recuperen a cor verde perdida para o desfrute noso e das novas xeracións.
Etiquetas: natureza
5 comentarios:
Certo... o deseño é o de "aduaneiros sem fronteiras", está inspirado (por non dicer algo mais) na figura feminina que solicitaba o sí ao estatuto de autonomía nó referendo da II república.
un saúdo.
home! benvido de novo á blogosfera! moito seguiamos ó teu pai acedre, agora seguirémoste a ti...
Certamente "Os Aduaneiros sem fronteiras" atinaron no deseño.
Unha aperta.
:)
ogallá... moito teño anotado esta palabra nestes días.
A figura é preciosa e agora lembro o orixinal gracias ó moucho branco.
Graciñas polos comentarios, pola benvida e por todo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio