Portugal e Santiago

O sábado fomos con María, Mon e David a Portugal. En Vilanova de Cerveira topamos atasco por obras e quedamos alí a visitar a feira, a vila e as barcas do río Miño (na foto). Logo seguimos para Viana do Castelo (a outra foto) e de volta paramos na praia de Vilapraia de Áncora onde sopraba o norte con forza (típico das praias portuguesas).
O domingo fomos a Santiago con Cris, Toño e María, unha costarricense casada cun americano que foi compañeira de Cris nos EEUU. Ela está nun curso en Granada e acercouse a Galicia en tren. Encantoulle Santiago (a quen non) e fixo fotos con Valle Inclán, coas Marías da Ferradura, meteulle o dedo no cu ó trasno da rúa do Vilar e buscoulle os pés a Cervantes. Marchamos sen cear en Santiago que chamaron a Toño que había un corzo coas catro patas queimadas dun incendio (outro dano colateral).
E así foi a fin de semana. Abur.
Etiquetas: viaxes
5 comentarios:
Menos mal que nos queda Portugal.
Parece que Leo está a medrar ben (e fai medrar a Ana)
O outro día eu tamén fun a Vilanova e a Coimbra; é unha zona ben bonita.
De Santiago xa non digo nada... ;)
Un saúdo
que ben saen Ana e Leo na foto. Apertas para eles e para ti!
Cando veñades por Santiago chamade e tomamos un café (si o tedes a ben). Deixo contacto no e-mail.
Ana está moi guapa e Leo parece que vai ser bo mozo.
Unha aperta para os tres xuntos.
:)
O Leo medra ben e Ana lévao mui ben que sobe e baixa o que faga mester.
Graciñas polos comentarios e a ver se fago algunha excursión con blogueiros.
Marinha, eu estiven na xantanza do blogomillo en Santiago e ti non estiveches. Foi mágoa pero supoño que nos miraremos noutra ocasión.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio