Sta Tegra, Valença e Tui
Onte foi festivo e fomos de paseo.
Quedamos con Cris, Toño e María e fomos ó estranxeiro. Pasamos polo monte de Santa Tegra onde quedaban os restos da subida do domingo pasado en forma de manchas de viño. O vento sopraba con forza e as paisaxes son impresionantes co río Miño desembocando entre Moledo e Camposancos.
De alí marchamos a Valença do Minho onde María quedou abraiada coa fortaleza e que houbese tanto comercio dentro. Tamén lle gustou o tamaño do xelado portugués e o seu sabor.
De alí pasamos a Tui e pateamos as rúas de pedra e mostrámoslle a catedral a María. A xente estaba de procesión de san Telmo. Ceamos uns bocatas nun chiringo con vistas ó río e logo tomamos café no paseo da Corredoira. Empezou a caír pingas e liscamos.
E hoxe xa chove que semella Galicia.
Etiquetas: viaxes
7 comentarios:
Aquí en Kompostela tamén xa chove. Bendita sexa esta auga!!!.
Unha aperta.
:)
desfrutando do verán, eh?...que sorte!. Fermosa foto.
Saúdos.
¿Vistes pra donde apuntan os cañons de Valença? Fermosa vila.
Na Coruña tamén chove! Viva! :D
Un saúdo
eu teño unha foto nese mesmo mesmo lugar. :-) deume moita alegría vervos aí!
Metín a zoca porque a procesión era de san Roque e non de san Telmo.
Os canóns apuntan para Tui pero tamén os hai apuntando para a muralla de Valença.
Imos aproveitando que hai unha turista conosco para pegarmos unhas voltiñas pola terriña adiante. Vamos, a excusa perfecta.
E esta chuvia vén caída do ceo para dar unha tregua a estes montes sufridos.
Graciñas a todos polas vosas palabras e seguimos léndonos.
unha paisaxe impresionante,
encóllese un
ante tanta beleza...
moi de moverse vos vexo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio