Paseos ata Vilaguindastre
Esta foto é de Vilaguindastre hai uns anos. Dende que aprobaron o plan de urbanismo está cheo de guindastres así que foi doado rebautizar a vila.
Lembrarei este fin de verán polos paseos nocturnos dende os edificios de abaixo á dereita ata o centro da vila. Temos que facer exercicio pero polo día fai calor. Así que de noite collemos a Colín (ás veces, porque outras veces non quere) e imos ó centro a tomar un café. ¿ Cantas noites máis nos quedarán de paseo ?.
Etiquetas: vilaguindastre
10 comentarios:
iso xa non cho sei dicer, :)... pero a foto é mais que curiosa...
saúdos.
Logo iredes a pasear ó centro cun carriño, impaciente espera...
Dentro de nada Leo xa estará con vos, xa verás, espero que non se cele o Colín.
Beijos para Ana e para ti.
:)
Noites de paseo, moitas, algúns serán paseos exteriores, outros serán paseos interiores, pero pasear asegúrolle que han pasear :D
¡Que bonita foto do nadal...jeje!
Dentro de pouco xa estaredes os catro paseando xuntos. Que todo saia moi ben!
semella que non foras pasear nunca máis!... cando te decates pasearedes máis feliz...
unha aperta pra toda a Acedrafamily :)
mmmmmm moitos días sen post novo. Será que Leo xa naceu e por iso non temos novas?? se foi así, Parabens! e benvido Leo!
Graciñas a todos polos comentarios e dicir que aínda non hai Acedriño...seica está ben na barriga.
Un saúdo e seguiremos cos paseos mentres se poida.
que raio quererá dicir "guindastre"
?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio