leoeosseus

venres, 3 de novembro de 2006

Canastros: fotos e denominacións



No anterior posteo puxen unha foto dun canastro de pedra de Ponteareas que me gusta polo adorno do pinche. Houbo comentaristas que falaron da denominación canastro para hórreo. Dicir que neste zona do val do río Louro dise canastro normalmente e logo calustra para o hórreo de madeira como o da foto da esquerda.

A outra foto é do ano 2002 e son cabaceiros en Vivenzo, Melón. Para a palabra hórreo hai muitas variacións como cabaseira, cabozo, cacipo, etc. Creo que está claro que me gustan estas cousas.

Etiquetas: , ,

9 comentarios:

Ás 03/11/06, 19:05 , Blogger moucho branco dixo...

hehehe... poi sí, e para min persoalmente moi didáctica a aclaración.

un saúdo.

 
Ás 04/11/06, 09:28 , Anonymous Anónimo dixo...

... piorno.

 
Ás 04/11/06, 13:23 , Blogger X dixo...

Nunca vira nada como os cavaceiros de Vivenzo, grazas pola lección. Saúdos para toda a familia.

 
Ás 04/11/06, 20:06 , Blogger Torreira dixo...

Un cabaceiro en Madrid en pleno centro anda polos 30 kilos

 
Ás 05/11/06, 12:20 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Recordo que unha amiga miña (madrileña) cando era pequena, choraba ao ver un hórreo porque pensaba que eran vivendas de xente sen medios...

 
Ás 05/11/06, 23:15 , Anonymous Anónimo dixo...

como vai ese cativo? segue cos gases? iso é ter paciéncia, digo-llo porque a miña deu guerra abonda...

 
Ás 06/11/06, 01:03 , Blogger besbe dixo...

Mil veces mellores eses cos de cemento como é o caso na miña casa...e a meu avó sempre lle direi a perda que terei do de madeira que tiñan e que tirou para facer a "casa nova". Unha aperta grande grande :)

 
Ás 06/11/06, 13:51 , Blogger paideleo dixo...

Aínda quedaron atrás bastantes denominacións que hai por aí adiante como apunta A randeeira co seu piorno. Sei que hai zonas onde lles chaman cabanas, cabás, sequeiros, orros, etc, etc.

Os cabaceiros de Vivenzo non sei como estárán na actualidade pero cando os visitei tiñan unha reunión os veciños para ver se os conservaban...e iso foi no 2002 e o material ese non dura muito tempo.

Ogallá non perdamos os que aínda se manteñen en pé como identidade propia. Xa sei que é muito pedir pero por non pedir que non quede.

Graciñas polas vosas palabras.

 
Ás 06/11/06, 14:31 , Anonymous Anónimo dixo...

"Esas cousas" gústanlle a todos os que nos gusta nosa terra. E gústanos ler posts como este para saber que non estamos sos nese gusto.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio