leoeosseus

xoves, 9 de novembro de 2006

Trompos



Xa estamos case no san Martiño, trompos no camiño; así que puxen unha foto cos meus trompos. Teño outro trompo pero fáltalle a punta así que non valería para xogar. Dos trompos da foto só vale un: o que está máis á dereita porque baila ben e ten unha arrincada boa para poder fuxir do ataque dos outros xogadores. O resto dos trompos son apouchas, trompos que poño se o meu trompo non baila dereito ou queda no círculo trazado no chan cando remata de bailar. A unha das apouchas fáltalle a piricota que é a cabeciña de madeira onde normalmente se lle crava unha chatola para que non rompa por aí. A apoucha da dereita está rachada vítima dun nicazo bo.

En fin, teño gañas de que medre Leo para xogarmos ós pións.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 09/11/06, 13:02 , Blogger Paco Penas dixo...

¡Canto máis medre Leo...mmmmm!
Non teñas presa, o millor é ver a herba medrar.
Saúde e terra.

 
Ás 09/11/06, 15:12 , Anonymous Anónimo dixo...

Para que despois falen dos tecnólogos e da súa xerga inentendible... :-) Había tempo que non escoitaba o de nicazo.
Bicos para o Leo

 
Ás 09/11/06, 16:50 , Blogger moucho branco dixo...

teño que confesar non sen vergoña que nunca fun capaz de facer bailar medianamente ben un trompo... patoso que é un, hehehe

 
Ás 09/11/06, 20:29 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Encántanme os xoguetes de madeira. En Praga son moi típicos e hai moita artesanía de madeira ademáis dos famosísimos títeres.

 
Ás 09/11/06, 22:09 , Blogger Torreira dixo...

Cantos recordos...ainda que eu era mais xogador das canicas...ese Leo vai ter sorte co pai e co seu galego que sempre empresta verbas esquencidas (ainda que ti en contraprestación xa te podes ir poñendo coa Play Station)...a coidarse

 
Ás 10/11/06, 01:50 , Blogger Nemeth dixo...

Leo é afortunado.

E vese que eras (ou es) todo un campión co trompo

unha aperta

 
Ás 10/11/06, 19:11 , Anonymous Anónimo dixo...

... e que non che esqueza ensinarlle a xogar á billarda.

 
Ás 10/11/06, 20:06 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén fun mais de canicas e de pincho que de trompos, ainda que algún tiven tamén.

 
Ás 10/11/06, 23:26 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

O Leo é un pícaro con sorte vai aprender xogos ben fermosos e divertidos. Estou coa Randeeira que non se che esqueza de ensinarlle a billarda.

Unha aperta.
:)

 
Ás 12/11/06, 17:05 , Blogger besbe dixo...

Que lembranzas traes, acórdome de estar a pintar os trompos toda contenta convencida de que ían a ser os máis bonitos. Despois o de xogar dábaseme peor, que nunca lle daba atado a corda ben de todo...
Apertas!

 
Ás 12/11/06, 23:04 , Blogger X dixo...

Vese que non os ten de decoración, que lles dá bo uso. Saúdos para toda a familia.

 
Ás 13/11/06, 10:48 , Blogger Veloso dixo...

Aínda o outro día había unha morea de rapaces na Praza Maior de Ourense xogando ao peón. A min nunca se me deu ben (como calquera cousa para a que se precise a máis mínima habilidade).
Un saúdo dende a néboa.

 
Ás 14/11/06, 01:15 , Blogger torredebabel dixo...

xa medrará! antes do que pensas estará andando e falando. O tempo é tramposo: corre demais sen deixarse ver...

 
Ás 17/12/06, 13:40 , Blogger rifenha dixo...

Ouça, senhor paideleo. Quando eu era pequena, meu avó ensinou-me a jogar ao trompo. Logo, de grande, em cada escola ou Colégio polos que passava, aí polo mes de novembro, volvião os trompos.
Mas o curiosso é que aquí, no Rif, onde não se come porco, nem hà São Martinhos, os meninhos do meu colégio, também trazem os trompos polo mes de Novembro.
Náo sei como explicar o caso.
Mas é verídico.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio