leoeosseus

Wednesday, January 24, 2007

Meruxes


O tempo anda tolo e o outro día case era primavera e agora é inverno. Polas beiras das estradas en Vigo había un feixe de frores amarelas como as da foto. Cando eu era pequeno eu, meu irmán e uns veciños iamos tirarnos a rebolos polo valado do Colexio Fogar de San Roque en Vigo. Cando parabamos colliamos as frores e chuchabamos os talos que soltaban un zume avinagrado. O outro día díxome o meu sogro que esas frores se chaman meruxes... É bonito pórlle nome ás lembranzas da nenez.

Labels: ,

21 Comments:

At 1/24/2007 11:34 PM, Blogger bouzafria dixo...

Na beira do Castro, pertiño do Colexio Fogar, eran simplemente "vinagretas". E non estaban nada mal.

 
At 1/24/2007 11:50 PM, Anonymous rifenha dixo...

Eu até penso que se comem em ensaladas. Hei pesquisar a ver se atopo algo.
Por certo. O problema já fica resolto.
Muito obrigada com você polo seu interês

 
At 1/25/2007 2:20 AM, Blogger moucho branco dixo...

Gústame moito a última frase do post... tes aptitudes poéticas, eh?, ;P

 
At 1/25/2007 8:53 AM, Anonymous náufrago dixo...

Eu tamén chuchaba. Hoxe en día, se calquera neno o fixese, os pais irían correndo para levalo a urxencias procurando a House.

 
At 1/25/2007 1:08 PM, Anonymous Modesto dixo...

Na miña zona chamámoslles chuchameles. E, si, teño chuchado moito neles. :D

 
At 1/25/2007 5:23 PM, Blogger Moralla dixo...

OLa! hai tempo que non che escribía, perdoa.
As florciñas da foto son das miñas favoritas, en serio, son silvestres, salvaxes, chamativas, primaverais!!
eu entereime do nome hai pouco, polo veciño de aquí arriba, Modesto, que se chamaban chuchameles, agora, grazas a ti, sei un novo nome. Un post moi fermoso, e que lembranzas me traes da infancia!!
Un bico con pétalos :-)

 
At 1/25/2007 6:53 PM, Anonymous Máis Alá dixo...

Eu coñecias como chuchameles, e tamén como vinagretas.

 
At 1/25/2007 8:32 PM, Blogger David dixo...

Eu sempre lles chamei vinagretas a esas flores coas que xogaba na aldea, hehehe....
PS: E aínda non me levaron a House... :P

 
At 1/25/2007 9:43 PM, Blogger Nemeth dixo...

eu tamén coñezo ben o Colexio Fogar de Vigo. Tiña familía traballando alí e sempre que ía a Vigo visitábao.

unha aperta

 
At 1/25/2007 10:26 PM, Anonymous ghanito dixo...

Na miña escola saltábamos un muro para ir ó terreo do hospital do lado e coller os chuchameles (tamén oira o de vinagretas). Para min son lembranzas de excursións aventureiras.
Grazas por traelas de volta, meu. :-)

 
At 1/26/2007 10:32 AM, Blogger franetico dixo...

no se llamaban chuchameles? creo que si volviera a chupetear una de esas vainas sufriría una regresión brutal hasta mi época de pañales cotonificio. menudo viaje. un abrazo para leo.

 
At 1/26/2007 6:22 PM, Blogger An dixo...

Meruxes...si señor,nós faciamos o mesmo, a chuchar :)...farano os rapaces no futuro...:)

 
At 1/26/2007 10:29 PM, Blogger Suso Lista dixo...

En Corme vinaghretas. Zughameles son as madreselvas.

 
At 1/27/2007 1:48 AM, Blogger TXARI dixo...

chuchameles creio eu tambén...qe me deçian de pequeno que estaban contaminadas pq era onde ían a mexar os cans e as cadelas...

 
At 1/27/2007 8:43 PM, Blogger Nébeda dixo...

A miña lembranza de nenez tiña por nome "chuchamel". XDD.


(e non tan de nenez, que aínda o sigo a facer).


Saúdos.

 
At 1/27/2007 11:55 PM, Blogger torredebabel dixo...

Aquí as temos iguais pero vermellas e, de nena, tamén chuchaba nelas un zume ainda que acá non é avinagrado senón doce. Pero tes razón: o tempo está tolo e a culpa non é del, senon nosa...

 
At 1/28/2007 4:13 AM, Blogger Mario dixo...

A min tamén me traen lembranzas, de cando ía a aldea coa miña nai e mas ensinaba, que eu nacido entre asfalto e cemento non as daría recoñecido na vida.

 
At 1/29/2007 12:03 PM, Blogger Dorvisou dixo...

É casualidade, acabo de ler un artigo onde dicía algo como que as palabras inventámolas os homes para delimitar a nosa realidade.
Pedriño, os recordos sempre están cheos de emocións e fermosas palabras. Polomenos os bons recordos que son os que deberían estar sempre presentes.
Unha aperta.

 
At 1/29/2007 5:04 PM, Blogger Torreira dixo...

Eu sempre quixn ser chuchador de frores

 
At 1/30/2007 1:10 PM, Anonymous Anonymous dixo...

Ai! Que lindo! "chuchador de flore"! Aínda estás a tempo!!
Mais non creo que sexa moi pracenteiro facelo coas espiñas das rosas e dos toxos (ten coidado!)

MORALLA*

 
At 2/02/2007 11:10 PM, Blogger Milego dixo...

Para min sempre foron chuchameles ;)

Un saúdo.


P.D.: Bonito blog.

 

Post a Comment

<< Home