Candeloria e san Brais
Hoxe foi o día da Candeloria e as pombas da fábrica andaban alteradas unhas detrás das outras e mañá é san Brais, xa festa para humanos. Perto das canteiras, a comisión monta o lucerío que se ve ó lonxe e todo o día están botando foguetes que parece que deixan sen pólvora as canteiras. Tamén fan unha empanada xigante que reparten gratis entre o público.
Nós xa non imos pero houbo un tempo no que fomos varias veces e así puideron tirarnos esta foto uns amigos.
Esta foto é case un miragre: a cámara era mala, era noite e o flash non chegaba á distancia ; e aínda así saiu esta foto que me gusta pola frescura que ten.
Boa fin de semana.
Etiquetas: etnografia, natureza
4 comentarios:
esto...non entendo o que di jxsjiangso, pero a foto está simpática. Paideleo, parece que queres marchar...
Si, si, parece que vostede empurra a atracción en vez de ser ao revés. Boa fin de semana para leo e os seus tamén.
Xa sei de onde sacou Leo esa cara de velocidade...coideseme
unha foto estupendamente casual e desenfadada, :P
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio