leoeosseus

Tuesday, February 27, 2007

Cinco meses



Hoxe o naipelo cumpriu os cinco meses e podes ver que é rideiro se lle fas algunha macacada anque no caso da foto estaba simplemente vendo unhas flores. Pasa gran parte do día esperto e xogando cos seus xoguetes, explorándoos e meténdoos na boca. Tamén "fala" e tuse ou berra para que lle fagan caso. Cando é o momento do baño patexa coma un poseso e bota a auga fóra e cando está debruzado quere gatexar pero o único que lle saen son uns movementos reptadores de miñoca. Nada, que o Leo progresa adecuadamente.

Labels:

18 Comments:

At 2/28/2007 12:46 AM, Blogger Torreira dixo...

Este neno diria eu PA ++ (parabéns)

 
At 2/28/2007 1:08 AM, Anonymous beatriz dixo...

que cousiña máis bonita!!!!
a miña pequena onte fixo sete meses e non hai quen a pare, todo un carácter.
unha aperta!!!!

 
At 2/28/2007 1:09 AM, Blogger Mr Tichborne dixo...

Bendita época, na que o mundo se descobre coa boquiña.
Está ben bonito. Eu tamén lle poño PA+++. Que siga todo ben

 
At 2/28/2007 1:42 AM, Blogger besbellinha dixo...

que rapaz máis feito que dan ganas de comelo :) Nótase que no rideiro saiu aos pais, que siga progresando!

 
At 2/28/2007 10:58 AM, Blogger pepe penas dixo...

O paideleo e o meu pai está a dicir o neno....co ese sorriso semella terlle moito agarimo..

 
At 2/28/2007 11:23 AM, Blogger Parzival dixo...

Este ha-de ser um rapaz feliz, sem dúvida.

 
At 2/28/2007 12:45 PM, Anonymous F. Miguez dixo...

He he, que guapo está :)

 
At 2/28/2007 3:40 PM, Blogger moucho branco dixo...

cinco meses?... miña nai, como medran, eh?

 
At 2/28/2007 7:47 PM, Anonymous pintega dixo...

E tanto que si, a verdade é que está ben guapo!

 
At 3/01/2007 12:53 PM, Blogger Dorvisou dixo...

E tanto que medran...o meu, día a día xa cumpreu 20 anos :-)
Se o fillo ten a capacidade de interpretar o mundo do mesmo xeito que o pai, non terá problemas para entendelo.

 
At 3/01/2007 12:56 PM, Blogger Dorvisou dixo...

Cando digo fillo referíame ao teu, eh.

 
At 3/01/2007 2:55 PM, Blogger torredebabel dixo...

non so medra, senón que se fai mais e mais bonito, se iso fora posible!

 
At 3/01/2007 10:47 PM, Blogger Suso Lista dixo...

Xa logho terá que ir Pra Marina, pra Ferrol, je je. Recomendoche que busques enchufe pra que o embarquen no "Galatea", je je.

 
At 3/02/2007 1:07 AM, Blogger rifenha dixo...

a cousa mais linda no mundo que o riso na cara dum meninho.
O seu, é especialmente guapo.
Que se crie para boas fadas, e você que o veja.

 
At 3/02/2007 7:47 PM, Anonymous peke dixo...

É lindo, lindo. :)

 
At 3/02/2007 11:24 PM, Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos piropos e a verdade é que cada día que pasa estou máis orgulloso del. Xa veremos o día que empece a pedir cartos para estragalos por aí...

 
At 3/03/2007 11:53 AM, Blogger Mrs.Doyle dixo...

Que lindo!

 
At 3/11/2007 1:16 PM, Blogger X dixo...

Parece mentira que aquela cousiña linda que nos ensinou tan só fai cinco meses xa bote eses sorrisos engaioladores. Eu tamén lle poría PA++++

 

Post a Comment

<< Home