Seis meses
Hoxe fomos ó pediatra para a revisión dos seis meses de Leo. Mentres non entrabamos estivemos "lendo" libros que hai alí para uso dos pequenos mentres non entran. O Leo choroulle ó enfermeiro e á pediatra porque parece que empeza a extrañar e ademáis tiña soniño o naipelo. E os resultados estiveron mui ben: está grande coma un neno dun ano e repoludiño e a pediatra aconsellou que se lle empezase a dar fruita e algúns vexetais para deixar de ser naipelo cen por cen. Tamén aconsellou sentalo no chan que ten que sentarse e manterse así el só. Os dentes aínda non lle apareceron pero pode ser que anden por aí que ás noites protesta bastante. E agora semella un estranxeiriño cos seus "ijlidij", os seus "eak-eke" e os seus chasquidos de lingua estilo bosquimano. Tamén quere agarrar todo o que estea ó seu alcance incluido o Colín.
Bueno, que o Leo vai ben e ledo.
Etiquetas: leo I
26 comentarios:
E non ía ir ben :) e cos pedazo de pais que ten, calquera non extraña.
Ai cando comece a agatuñar por aí el soíño!
Bicos aos tres.
Vai ben criadiño e feliz. Por certo, onte a min tamén me fastidiaron Aída co das mises :(
Saúdos a toda a familia.
Noraboa por ese Leo tan ledo e sano. Hai un piropo que se aplica aos homes bondadosos: "neno grande". O Leo xa o é.
Saúdos e gracias polos teus comentarios.
Esta como diria miña nai "coma un rolo" este rapas
Dentro de pouco xa vai a mozas!!!
Que guapo!!!,rebosa saude e ledicia...
unha aperta para os tres.
:)
Que repoludiño! Non sei que lle estariades a dicir cando lle sacastes a foto, pero estase a escachar coa risa. Parabéns aos dous polo mozo.
Sí que está espelido o Leo, he he.
Incrible que xa lle poidades dar fruta! Se foi onte cando naceu!! Por certo, cando escriben sobre Diego non caín eu en que te ías reir....;-)pero xa me dou de conta!
pero que feitiño é, como ri o pillabán, dá gusto velo, e polo que se ve leva moi ben os seus seis mesiños. a miña onte fixo oito e só quere camiñar, vai coma unha bicicleta, e pobre de quen que a erga do chan, berrea que deixa a todos xordos. tamén practica o estilo foquiña en plan olímpico. se lle poño un trapiño ben ao xeito excuso de pasar a mopa pola casa.
que se che siga criando para ben ese soletiño pequeno que tendes.
apertas
Que fotiña máis linda! Que lembranzas da miña sobriña! noraboa por ter esa cousiña tan espelida e leda :-)
Logo xa comeza a falar chinés?... pois nada, daí ao galego quédanlle poucas semanas, :D
¡Noraboa,Leo! e que cumpras moitos máis. Vése que te desenvolves moi ben e que logo serás un "mozo carozo".
Mimá, está o Leo máis feito que as pesetas! Mandádelle un "náis-tu-sí-llú!"
Por certo... falar supoño que lle falades en galego pero: faládeslle algo en inglés?
Que bonito está!! :D E supoño que o Colin terá que ter moita paciencia con él, hehehe...
Dentro de pouco sácate do teclado e toma el o mando do blog, que a fin de contas é seu.
Vendo a foto e lendo o que dicías de que está repoludo case escacho co riso. Está precioso. Fas ben en babarte. ;)
Por certo, nunca oíra o de naipelo.
Xa tes un mozo feito e dereito; noraboa. Por certo hoxe decataime de que tamén fun naipelo; nunca ouvira ese nome.
Unha aperta.
Que fermoso é e que fermoso está!
Técnicamente Leo fala maternés, nome técnico que se lle da á etapa de adquisición da lingua materna. Resulta moi divertido observar e analizar as fases da adquisición, proceso que remata ao redor dos catro ou cinco anos.
Anda con coidado, que en Corme os neniños, gastanas moi crudas, je je. Mira e verás
De nada, é un pracer. Se ten algunha pregunta, xa sabe, fágaa.
Saúdos.
Besbe: graciñas polos piropos pero creo que o mérito inclínase máis a favor de Ana que o ten así de san.
X: si que vai ben criado e feliz. O das misses non ten perdón divino.
busto.agolada: gustoume o piropo tan cargado de cariño e non tes que agradecer as visitas que o teu blogo é dos que me encantan.
torreira: outro piropo bo, "coma un rolo".
mamiago: aínda lle queda para ir ás mozas !. Pero as nais das mozas xa as ten no papo.
marinha: graciñas polos piropos. Como pasa o tempo, eh ?. Alédome de que vaia tan ben.
a do outro lado: estabamos a facer cucu, cucu. Esta foi a cuarta foto seguida. En canto mira a cámara queda serio e quieto fitando a cámara e hai que facer varias fotos seguidas para que se acostume.
f.miguez: está espilido, si. Onte vacinámolo e os outros da mesma idade falaban menos e máis baixo e non se sentaban. Aledámono de que vaia tan ben.
cris: pasa o tempo. Aínda lembro a cra que puxeches cando che ensinamos o Predictor. O dos rebolos tamén foi un momento inesquecible, ha, ha.
beatriz: que marabilla que a túa nena queira camiñar tan cedo !. A imaxe dunha foca limpando a casa é mui expresiva e podo imaxinala. Desfruta da pequena que o tempo voa, verdade ?.
moralla: a foto costou pero saiu ben. Agora toca pasala a papel.
moucho branco: máis que chinés semella alemán. O galego debe de ser máis difícil que aínda non o fala ;)
andrederabal: mozo carozo tampouco o oíra nunca antes. Será invento teu ou expresión propia de Celanova ?.
o breogán: zenkiu. Samtaims Ana espiks sanzin in inglis bat not mach. Xi nous wi don ispik a proper inglis. Meibi in de fiuchu...
david: o Colin non é mui neneiro que digamos e máis escápalle que quédalle quieto. Xa veremos como evoluciona a relación.
mario: xúroche que as veces que o tiven comigo sentado diante do ordenador que el imita o que fago coas mans e calquera día escribe un post e así vou publicalo.
peke: graciñas polo piropo. O de naipelo aprendino nun dicionario pero supoño que se dirá nalgures. Significa neno de teta. O recén nacido é nécoro e aprendino o primeiro día de Leo que a parella do hospital non facía máis que dicilo.
pepe penas: pois eu botei pouco tempo de naipelo, uns tres meses porque eran outros tempos e os biberóns eran novidade e os pediatras recomendánbaos millor que a teta da nai. Hoxe cambiou o conto e aconséllase o leite materno.
mrs. doyle: outra volta graciñas polo do maternés que nuca oíra antes. Isto é o bo que ten isto dos blogos: o que se aprende e coñece e de maneira tan amena e facendo amigos.
suso: xa lin o teu posteo e teño que admitir que é tan cruel como real, é verdade. Só espero que ó Leo lle pase esa etapa o máis rápida e livián posible...polo ben dos bechos.
Graciñas ós que me comentaron e ós que leron este posteo. Cando o Leo razoe vai quedar flipado con semellante mostra de cariño.
se todo o que ten ben pode verse na foto, sen dúbida é o neno mais guapo e mais sano e mais feliz do mundo!!!! Saiuvos tan ben que teriades que facer algun mais ;-) (frase que moito escoitamos os pais de nenos pequenos)
Un neno feliz é o mellor antídoto contra todos os males. Sei o que é iso, e por iso doulles aos pais do neno os meus parabéns.
Lindisimo e paverisimo parece. Se o ve a meiga de Bruxelas...empezarialle a dar instruccións franco-galegas. Unha aperta ao lonxe e obrigada polos comentarios
que curriño!! polo que contas da súa fala, coido que é bávarao, fixo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio