O Mecaghoncrista II
Nada é inmutable e o famoso "Mecaghoncrista" xa non parece Curro Jiménez e semella máis o Don Limpo. Resulta que ( segundo el ) tivo unha pelexada na súa cachola entre o peite de 3000 euros que o pousaba e peiteaba so e as súas guedellas e cortou o pelo polo pé para dar remate á pelexeira. Xa desistiu de conseguir unha bufanda filla da bufanda que lle gustaba porque a bufanda non está preñada e matina el se a bufanda non será bufando. Agora gústalle un gorro de la que trae o tal da bufanda e sempre llo pide anque sexa so unha voltiña. E non perdeu a imaxinación co rape do pelo que conta historias de veciños que enterran sapos nos pés das videiras doutros veciños con quen non se levan ben para que sequen as videiras.E mañá contará algunha máis.
Etiquetas: personaxes

4 comentarios:
Que siga contando, e você também.
As histórias são o adubo da vida.
A capacidade dos "mintireiros" é inagotable...sempre che meten outra:-)
Os Contacontos é o que teñen.
E que sempre haxa un.
Un saúdo.
Pásalo pipa co mister limpo curro, deberías de gravalo, e sorprendernos cun archivo sonoro. Saludos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio