leoeosseus

domingo, 8 de abril de 2007

Sardiñeiro





Esta semana santa foi bastante tranquila. Aínda así puidemos coñecer Sardiñeiro, pegadiño a Fisterra. Tamén o Leo colleu area e meteu na boca unhas cunchas.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 08/04/07, 01:04 , Anonymous Anónimo dixo...

O das cunchas na boca, recordame que fai uns dous anos en praia américa, co pequeno duns amigos xa non sabiamos que facer para que deixara de comer area, estes nenos son a "piiiiiiiiii",xa sabedes o que vai no lugar diso.E pola pinta debia de estar moi boa porque mira que se empeñaba en repetir, nenos...Bqñs.

 
Ás 08/04/07, 12:16 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Mira que ben o pasou, cada día está máis lindo ademáis hai que probar de todo non si?.

Beijos.
:)

 
Ás 08/04/07, 13:29 , Anonymous Anónimo dixo...

Como creceu o Leo desde que me tomei estas vacacións blogueiras, dá xenio velo (sempre me encantou esta frase). Moitas grazas paideleo pola túa lembranza.
Bicos e apretas moi fortes para os tres

 
Ás 08/04/07, 18:10 , Blogger moucho branco dixo...

sardiñeiro?, non me digas!, que familiar me resulta!... a miña compañeira é xustamente daí e moito temos ido. Fermoso lugar.

 
Ás 08/04/07, 18:45 , Blogger busto.agolada dixo...

Preciosa a Costa da Morte cando hai bo tempo. A min evócasme lembranzas dos catro anos que pasei aí, en Dumbría e Cee. Visitei bastantes veces Sardiñeiro e Casa Lestón. Saúdos e parabéns para Leo,que xa vai ben mociño con area incluída.

 
Ás 09/04/07, 07:19 , Blogger Torreira dixo...

Miralle ben que non ande con deficits minerais...apertas pai-pai

 
Ás 11/04/07, 01:14 , Blogger torredebabel dixo...

que ledicia eses tempos no que o mundo todo cabe na nosa boca. E que pouco dura! Apertísimas para Leo!

 
Ás 11/04/07, 13:26 , Blogger oko dixo...

á miña irmá, cando era pequena, dábaselle por comer a area da praia... mal non lle debeu sentar :D

 
Ás 13/04/07, 09:08 , Anonymous Anónimo dixo...

Vexo que Leo xa está medio mozo e iso alégrame muito.
Bicos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio