Pedro Chosco

Xa case temos un home na casa. Explícome. O sábado levamos ó Leo a un partido de balonmán e facía muita calor. Logo paseeino pola rúa coa mesma roupa e debeu de coller un frío e xa esa noite durmiu mal e con tos. O domingo millorou bastante e hoxe está rouco e con vozarrón augardentoso pero a el gústalle que fala en alto e ri. O malo é cando chega o momento de durmir. O Pedro Chosco atácalle pero o Leo tuse e respira mal e esperta chorando un pouco ( como agora mesmo ). Ana arrólao un pouco e volve quedar durmido. Pero, bueno, o naipelo vai millorando.
E falando do Pedro Chosco; miña sogra sempre me canta " o pedro mailo bandullo foron xuntos á festa no cabo do mundo, o pedro como era máis bellaco meteu a tres nun saco " e meu pai di que a cantiga é " o Pedro Chosco mailo bandullo foron xuntos á festa no cabo do mundo "... e eu non sei quen terá razón dos dous.
Enfin, a imaxe está tirada do libro " Diccionario dos seres míticos galegos" onde se ve o Pedro Chosco facendo das súas cun neno.
Labels: etnografia, leo I


4 Comments:
Dá gosto comezar cada día aprendendo algo, si señor!
Jeje, que simpático :)
Eu tamén teño ese libro!!
Eu tamén!
coida dese rapacinho, el e moitos coma el son o futuro do noso país! como dirian en castelán "estas feito todo un padrazo."
en canto a historia da tua sogra e de teu pai estou seguro de que ambos tenhen razón... porque a tradicion oral galega eche como che é, como todas as tradicions do mundo e eso é o que a fai fermosa!
Saúdos!!
Post a Comment
Subscribe to Post Comments [Atom]
Links to this post:
Create a Link
<< Home