leoeosseus

venres, 27 de xullo de 2007

Dez meses



Hoxe o Leo fai os dez meses. Na foto está todo contente cun dos seus xoguetes favoritos: a porta. Gústalle sentarse e abrir e fechar a porta cunha man mentes parlotea coa porta. Se mira a alguén polo buraco da bisagra faille máis gracia aínda. Na foto non se aprecian os ollos vermellos que gasta estes días. Empezou cun golpiño no ollo esquerdo e de tanto frotar cando ten sono, irritou os dous ollos. Onte levámolo á pediatra e púxolle unha cor laranza nos ollos para buscarlle úlceras e parecía un indio.

Do resto vai progresando. Xa non agatuma e agataña detrás dunha pelotiña ou buscando rodas ou sandalias que lle encantan. Ponse de xionllos para coller videos no moble debaixo da tele e gústalle abrir as caixas. Os dentes de arriba empezan a asomar e veñen catro seguidos e dá algunhas noites malas. En canto á comida hai días que come ben e outros que só toma teta que aínda segue a mamar.

En xeral é un neno tranquilo que fala só ou coas cousas e que aplaude cando vai á bañeira.

E iso é todo.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 27/07/07, 01:29 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

tenemos una sorpresita
http://cosasabuelacris.blogspot.com/

 
Ás 27/07/07, 09:26 , Blogger Mario dixo...

Pois si que está curriño, si. Tende coidado coa porta e as bisagras, que eu cando andaba naquelas case tronzo unha mao.

 
Ás 27/07/07, 17:20 , Blogger Torreira dixo...

Ese leo!!!!,agardo que chegado o momento establezas via pagana uns padriños e madriñas colectivas no blogomillo.O presente que lle estas a facer ao rapas (como no anuncio) non ten prezo.Apertas

 
Ás 27/07/07, 18:33 , Anonymous Anónimo dixo...

Que non é pouco. :D

 
Ás 27/07/07, 18:39 , Anonymous Anónimo dixo...

¿e paréceche pouco?, mira ti, xa vas tendo un rapazotiño na casa; o de dárselle polas sandalias e polo calzado en xeral debe ser moi frecuente, porque a nosa sabeliña a nada que nos despistemos, axiña lle dá uns bocados. e tamén anda cos dentes de arriba. e por suposto, cáenos a baba.
unha aperta

 
Ás 27/07/07, 21:45 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Dígalle a Leo que teña coidado coas portas. Dígoo por experiencia.

 
Ás 27/07/07, 22:48 , Anonymous Anónimo dixo...

E non é pouco, crecer require moita enerxía e moito cariño, e é evidente que a el non lle falta pola cara de felicidade que ten...

Como sempre, moitos bicos

 
Ás 28/07/07, 00:46 , Blogger *Sara dixo...

Moitos parabéns para Leo!!
Aínda por riba de ser tan riquiño, gústalle ir á bañeira! Jaja :D

 
Ás 28/07/07, 15:29 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

PARABENS para Leo!!! ainda que un día despois. Da gloria velo, está ben lindo.

Beijos para os tres.
;)

 
Ás 28/07/07, 21:39 , Anonymous Anónimo dixo...

iso é todo, di? parécelle pouco? en fin: teña coidado agora que empeza a andar, a miña unha vez meteu unha barbie dentro do video para vela como unha película. prepárense!! :-)

 
Ás 29/07/07, 03:47 , Blogger Unknown dixo...

Está fenomeno. Eu con 10 meses andaba e corria coma un demonio e non paraba de chorar ( di miña nai)
O Leo leva bo camiño, esta tranquilo, fala solo e gosta de lavarse.
Parabens

 
Ás 29/07/07, 22:52 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polas vosas palabras.
Aínda rin un pouco coa anécdota da filla de Kaplan co vídeo e a Barbie.
Non quero pór padriños blogueiros porque sería excluir a algún e non é bonito. Iso si: todos podedes ser tíos postizos.
Un saúdo.

 
Ás 30/07/07, 19:47 , Blogger torredebabel dixo...

Máis guapo xa non podía ser!! que feitiño, que sorriso tan fermoso!

 
Ás 30/07/07, 23:45 , Blogger leco dixo...

Parabéns a esa cousiña tan linda!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio