Rueiro de Nigrán
A praia onde máis imos está no concello de Nigrán. Este concello tivo a iniciativa hai uns anos de sinalizar as súas rúas e camiños cuns carteis que a min me semellan bonitos. Normalmente, á beira do nome da rúa aparece un debuxo alegórico ó nome en cuestión. De aí que na " estrada pola vía " apareza un tranvía debuxado; na " rúa dos pazos " sae un pazo debuxado e no camiño adicado á avoa Carmela, unha señora centenaria, sae debuxada unha avoíña. E así máis. Pero tamén aparecen algúns que non teñen nada debuxado pero si que podería ter o debuxo. Este é o caso do camiño da foto. O " camiño do pardiñeiro " debería ter debuxada unha casa en ruinas que ese é o significado da palabra pardiñeiro.
E logo tamén está o caso da " rúa da costa da barxa " que tamén podería ter debuxado un río coas súas ribeiras sen edificacións nin muros porque barxa é unha palabra preciosa que significa terreo comunal á beira dun río. Os nosos ancestros eran intelixentes e sabían que os ríos eran de todos e que ninguén tiña dereito a impedir o acceso a eles nin o seu desfrute.
Ogallá este costume de deixar en man común as ribeiras dos ríos e as beiras do mar seguise existindo para desfrute de todos en xeral e non só duns poucos. Muitas cousas cambiarían.
Etiquetas: lingua I
5 comentarios:
Canta razón tes, mais isto é unha batalla xa perdida, tan so loitar porque non sexa tamen unha guerra perdida
Lembro eses carteis de cando viviamos alí. Son dos máis bonitos que teño visto. En contraste, os de Ribeira son a cousa máis espantosa que pode haber no mundo, acaban desaparecendo as letras borradas pola intemperie e só queda un cadrado azul horroroso. A maioría das veces non sabes en que rúa estás.
Por certo, acabo de ver que o Leo vai estar dentro de nada de aniversario. Xa nos poñerás unha foto soprando a veliña, non? ;)
Aínda hai algunha rúa máis sen debuxo na placa. É o caso, por exemplo da rúa "Escunchadas" ou unha, que como ben sabes se distingue pola boa xente que ás veces vive nela: a "Subida a Monte Lourido".
Os carteles son preciosos, e os nomes tamén. Na Coruña deverían aprender, e cambiar algúns nombres que ainda cheiran a fascismo e a terrorismo franquista.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio