Noite dos calacús
Esta noite é o Halloween nos EEUU do que falei hai tempo. Por Galicia seica hai anos os rapaces tallaban cabazas ou calacús ou rabaquetas ou cocos ou como queira que lle chamasen na súa zona. Espetábanlle paus facendo de dentes e púñanlles unha candea acesa dentro. Colocábanas logo en camiños ou muros para asustar ós veciños. Tamén había sitios onde pedían esmola para os mortos.
Todo iso desapareceu e agora fan unha copia do Halloween norteamericano con disfraces e nenos pedindo polas portas co seu " truco o trato " que soa a mala tradución.
Os tempos mudan, seica.
Pois nada, que esta noite che vaia ben no estilo norteamericano ou no galego.
Etiquetas: etnografia I, lingua I
6 comentarios:
Teño ouvido falar deso cando neno. Na miña aldea tamén lle chamaban cabazas
Em Portugal apenas há meia duzia de anos as professoras começaram nas escolas a falar do Halloween.
Mas não é uma moda que tenha pegado muito. Em Portugal há um outro costume e esse sim ancestral.
Hoje festeja-se o dia de Todos-os-Santos. É feriado nacional. E neste dia as crianças vão de porta em porta pedir o pão por Deus. E as pessoas dão frutos secos ou frescos, rebuçados, chocolates, ou dinheiro.
Um abraço
Na miña aldea polos anos 60 e 70 aínda mantiñamos vivo o costume de tallar cabazas e poñerlles unha candea acesa dentro. Só era iso.
Agora nalgúns centros de ensino estase a recuperar co nome que se mantivo nalgunhas zonas: O Samaín. Parece ser que é de orixe celta.
Saúdos.
ou no estilo ateo de pasar unha noite máis sen lendas de ultratumba.
Eu creo que se ten que recuperar a costume celta porque nos estamos a americanizar
É unha pena que esa antiga tradicion, que xa habia antes aqui, volva a estar de moda por culpa dos ianquis e non pola recuperación das nosas tradicions.
Por certo, pasate polo meu blog que teño un encargo para ti
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio