Páxinas

xoves, 18 de outubro de 2007

Tenda antiga


Nos paseos polo centro de Vilaguindastre ( que agora semella a rúa do Príncipe de Vigo cun violinista e todo o outro día ) paso por diante desta tenda antiga que apenas ten clientes. O dono está casado cunha cornuallesa. No escaparate hai unha colección de licores con carteis de hai vinte e trinta anos. Dáme mágoa non coñecer máis desa familia que pode dar para máis dun conto.

16 comentarios:

  1. Iso, entra e pregunta. Non te cortes, sobre todo se levas contigo a Leo.

    ResponderEliminar
  2. Esas tendas de todo,papel hixiénico e licores.
    pregunte que eu son moi curiosa.
    saúdos,

    ResponderEliminar
  3. Pois merca algo e despois pregunta, que de blogheiro a xornalista hai un na!!

    ResponderEliminar
  4. Pois vaia, que rabia que teña pouca clienteira... pode ser interesante. kiños

    ResponderEliminar
  5. as tendas así xa non abondan hoxe en día. Se queres saber, pregunta.

    ResponderEliminar
  6. Dame a impresión que vas acabar por entrar e así poderas contarnos a nos ea Leo, fermosas lendas.
    Quedamos a espera.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  7. Parece uma daquelas lojas que havia antes de aparecerem os grandes hipermercados. Que vendiam tudo. Desde a fralda ao detergente prá máquina,ou do bacalhau ás sasichas, tudo se encontrava nessas pequenas lojas. A maior parte deles, tinham um livro - o rol - onde assentavam durante a semana o que o freguês levava, e este ia depois no sábado pagar a despesa da semana.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  8. Tes que entrar e preguntar, porque agora quedamos coa intriga e coa fame de historias insólitos ou non, pero seguro que interesantes.
    saudiños.

    ResponderEliminar
  9. Pois entra e pregunta se che venden unha botella desas da colección.
    Diranche que non, pero xa tes un fio para principiar a conversa.
    E despois cóntalo aqui.

    ResponderEliminar
  10. xa poucas tendas de isas quedan. Esas que antaño eran o centro de reunion da vila, dende fruteria a bar, dende lexivia a fariña

    ResponderEliminar
  11. Semella que aí hai material para un conto corto ao mellor estilo da tradición galega.... a que agardas para documentarte e escribilo?, ;)

    ResponderEliminar
  12. pois vas a ter que entrar por reclamo popular...

    ResponderEliminar
  13. As grandes superficies rematan con estas pequenas tendas, é o que ten a globalización, non?

    ResponderEliminar
  14. non che fai falta coñecer... imaxina, constrúe, invéntalles un mundo, seguro que agradecen vivir máis vidas, as súas e as soñadas, e senón é o caso, mentres fabulas es ti quen tes a posibilidade de respirar un tempo diferente.

    ResponderEliminar
  15. sinto especial fascinación polas tendas que sobreviven, valentes e heroicas, ao modernismo. Gustanme aquí algunhas farmacias, bares e almacéns de ultramarinos que se atopan ainda. É como dis, de seguro cada unha delas gardan historias fascinantes...

    ResponderEliminar

És humano ti ?