leoeosseus

sábado, 3 de novembro de 2007

Os calacús mandan



Hoxe os rapaces tallaron calacús. As sementes foron para unha bulsa e quedaron para ser prantadas alá por abril e así os calacús nacen no próximo outono. Catro mulleres levaron o rei Calacú ata o concello nunha padiola e viñeron de volta coa música dunha charanga. Tamén houbo castañas e viño e a organización pensa facer un concurso de espantallos no mes de maio que sería o primeiro de Galicia.
En fin, que isto segue adiante.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 04/11/07, 00:51 , Blogger mamiago dixo...

Un concurso de espantallos?, pois temos que anotar a abuelaCris, que ten unha idea sobre un espantallo e un conto que ten escrito, e está esperando o momento bo para facer o espantallo que require o conto para publica-lo despois no seu blog... unha preciosidad digna de non perdelo, xa o miraredes.

 
Ás 04/11/07, 01:33 , Anonymous Anónimo dixo...

Es rápido, pai de leo.

 
Ás 04/11/07, 11:19 , Blogger rosa enriquez dixo...

Bo día de domingo pai-de-leo¡ Vexo que estivo de festa¡ E polo que vexo moi divertida. O do concurso de espantallos paréceme unha boa idea.Ah¡ Unha cousiña... non se anima a facer o meme este das oito cousas que anda por todos os blogs? Bicos:))

 
Ás 04/11/07, 14:52 , Anonymous Anónimo dixo...

Orixinal e fermosa idea a do concurso de espantallos.
Os espantallos tiñan o seu aquel, agora case non se ven e algún que hai causa pena.
Saúdos.
M. Busto

 
Ás 04/11/07, 16:06 , Blogger Fada Branca dixo...

Bonita tradición, e o concurso de espantallos ten moi boa pinta

 
Ás 05/11/07, 01:22 , Blogger torredebabel dixo...

aqui non temos este costume e o malo non é non telo senon que comezamos a copialo dos estadounidenses... coma se non levaramos xa bastante colonizacion cultural!!

 
Ás 05/11/07, 17:13 , Blogger busto.agolada dixo...

Interesante o concurso de espantallos, por orixinal e por tradición.

 
Ás 05/11/07, 21:44 , Anonymous Anónimo dixo...

Nunca na vida escoitara o de calacús, nin esa tradición...o que non aprendamos contigo!!!

 
Ás 05/11/07, 23:49 , Blogger Suso Lista dixo...

Creo que os blogs están facendo moito pola nosa cultura. Intentarei copiarvolo pro ano. Saludos

 
Ás 06/11/07, 01:29 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Espantalhos é uma coisa que me encanta mas que cada vez se vê menos.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio