Páxinas

mércores, 7 de novembro de 2007

Papapapapapa



O Leo xa leva algúns días dicindo " mamamama " cando mira a Ana pero hoxe sorprendeume cando entrei pola porta da casa e agatañou cara a min dicindo " papapapapapa ".

Non sei que dicir. Gustoume.

33 comentarios:

  1. Graciñas.
    A foto xa é un pouco "antiga". Terá uns quince días xa.

    ResponderEliminar
  2. Dicir pouco dixeches pero seguro que a satisfacción excedíache por fóra da camiseta.
    Ao Leo vaille gustar a foto camdo a mire con máis anos. A min tyamén me gustou.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. pois noraboa! que espelido!
    non é coma o rabudo do meu sobriño, que o primeiro que aprendeu é "nonononono!!"

    ResponderEliminar
  4. Uffff, só de pensalo caeme a baba :)))).
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Como non! Outro momento para non esquecer. As veces dicimos pensando nos nenos: ¿Cómo poidemos estar tanto tempo sen eles?

    ResponderEliminar
  6. Estades os dous ben guapos.
    Parabens para Leo por tantos adiantos da gloria velo.

    Unha aperta grande para os tres.
    :)

    ResponderEliminar
  7. Parecédesvos moito! Como ten que ser de emocionante que a un lle chamen "papa"...
    bicos

    ResponderEliminar
  8. Que emoção não amigo. Parece que alguma coisa rebenta dentro do peito. Dá até vontade de chorar.
    Só quem nunca foi pai ou mãe não entende.
    O Leo está cada dia mais bonito.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  9. Emocionante, non? ;)

    ResponderEliminar
  10. Que cousiña! E que rápido empeza a falar, eh? Tes que estar máis que orgulloso. Un momento para non esquecer, gracias por compartilo

    ResponderEliminar
  11. Vas ter que mercar un babeiro ben grande... non, para o Leo non, para ti jejeje.
    ¡Ai que neno tan bonitiño!
    un saúdo.

    ResponderEliminar
  12. Si, sempre din primeiro mamá, para dicir papá xa teñen que falar un pouco máis :-)
    Pois agora xa sabes, vaite preparando, que este rapaz se ten a mesma curiosidade polas cousas que o pai, cando escomence a preguntar non vai parar.
    Apertas e bicos para os dous.

    ResponderEliminar
  13. Eu creo que o que queria decir era que lle deses " a papapaga"
    Linda foto

    ResponderEliminar
  14. Menuda panda pra ir de verbenas polo mundo adiante, je je. Ídelas levar de calle as nenas todas. Vas ter que poñer tí o babeiro.

    ResponderEliminar
  15. Non si a emoción ea tenrura, xa se ve na foto .
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  16. que neno máis lindo o teu!
    Facía moito que non "viaxaba" polos blogs..e púxenme ao dia cos teus posts nun ratiño, encantoume o dos recordos da aldea porque eu tamén teño grabado a ferro os meus na miña aldea, durmindo cos meus primos nesas camas cos colchóns afundidos e tantas aventuras, eu intento repetir esperiencias indo de turismo rural...pero non che é o mismo, e a espalda xa se resinte nas camas incómodas..
    jeje
    un bico!

    ResponderEliminar
  17. Que emoción!! Son testigo de que o rapaz xa se comunica verbalmente, o outro dia collinlle un dos seus libros e deseguido me fixo saber que era seu cun "eeeoooo". O rapaz xa sabe o valor que teñen os libros, estou segura.

    ResponderEliminar
  18. en poucas palabrs que tremenda ledicia mostras, noraboa

    ResponderEliminar
  19. Penso como Pau: eu creo que xa che pide a paga.

    ResponderEliminar
  20. que un melindre pequerrecho ande xa a dicir papá.... ¿como facer para que non caia a baba?

    ResponderEliminar
  21. Grazas polo teu comentario do meme, gora espero a tua sincera opinón do post que colguei onte venres. Grazas

    ResponderEliminar
  22. Ese orjulloso pai.Apertas e parabéns

    ResponderEliminar
  23. e non che había gustar!!!!
    que cousa máis bonita pode haber?

    ResponderEliminar
  24. noraboa!,ben bonita a foto.
    saúdos.

    ResponderEliminar
  25. Un consello: habitúate a levar panos á man; se non as babas...

    ResponderEliminar
  26. Pois eu pensaba que dicían antes "papá" ca "mamá". Gustaríame verche a cara cando o dixo.

    ResponderEliminar
  27. que fermoso, que fermoso! eu non lembro cando foi que Santi me dixo mamamama pero si lembro perfectamente a primeira vez que sorriu. Foi un sorriso fermoso, como non vin outro na miña vida, e foi para min.

    ResponderEliminar
  28. caevos a baba a os dous!!!!!, debeu de ser moi emotivo,...

    ResponderEliminar
  29. Si é que cando se soltan e se deciden a dicilo... Flavia xa pasou a dicir Papi, ademáis de Papá, así que xa podes imaxinar como se me cae a baba.

    ResponderEliminar
  30. Que emoción, non é?
    Estades ben guapos os dous!!!
    MOitas apretas!!!

    ResponderEliminar
  31. Non son quen de imaxinar o que se pode sentir ao ver que o teu fillo lle pon nome a iso tan grande que es ti para el.
    Meta o momento na maleta das cousas boas.
    Saúdos a toda a familia.

    ResponderEliminar
  32. Éche ben grande meu, podes estar ben orgulloso, noraboa papapapapa :D Saudos

    ResponderEliminar

És humano ti ?