
" Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño ". Non se matou o porco pero si se probou o viño e está bo, bastante bo. Tamén comín castañas cocidas con néboda e están máis ricas ca con fiuncho. E tamén comín castañas asadas.
Vamos, que case só faltou
botar a bailar o pión para ter o San Martiño completo.
Conservando tradicións, claro que si
ResponderEliminarEu é que son mais de cervexa, pero se hai que probar un bó viño se proba, eh?. Xa que non se mata o porco...
ResponderEliminarMenos que teño eiquí á man o Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo porque senón ía aviado co da néboda. En canto ao que falas do viño novo cáseque prefiro un crianza, os viños novos danme dores de cabeza :-)
ResponderEliminarPero a ver se chove porq vaia inverno do carallo....
ResponderEliminarsaúdos!
Si, o da néboda manda truco. Que é?
ResponderEliminarNébeda, chamamoslle por estes lares. Tes que probar o caldo de zonchos, que son as castañas secas.
ResponderEliminarEm Portugal se diz, "Em dia de S. Martinho, vái à adega e prova o vinho". E cozemos as castanhas com erva-doce.Mas eu gosto mais de castanhas assadas.
ResponderEliminarUm abraço e boa semana
Para non perder, a referencia da asociación Brinquedia. Na súa web tamén falaron do día de botar o trompo (www.xogospopulares.com)
ResponderEliminarAs tradicións non se conservan, hai que gastalas.
ResponderEliminarEu antes descoñecía a néboda ( ou nébeda ). Entroume a curiosidade e ata mirei un vídeo onde os gatos a comen e se drogan co ela.
Nas castañas non aparece ese efecto pero si que lles dá un sabor rico.
A imaxe saqueina hai días non lembraba de onde e resulta que a copiei de xogospopulares.com.
Graciñas a todos polos comentarios.