leoeosseus

Sunday 24 February 2008

Salgueiro



Pois si: o home sen plumas é de apelido Salgueiro.

Andei buscando en google persoas co nome " Pedro Salgueiro " e topei un profesor de informática da universidade de Évora, un xogador cubano de béisbol e un escritor brasileiro. Para toparme a min teño que ir ao sétimo lugar onde saio como cooperante en Galicia Encantada por dous textos que mandei de lendas.

Os comentaristas que atinastes co nome da árbore estades convidados a fabada o próximo sábado que se celebra a Primeira festa da fabada de Torneiros xusto detrás do salgueiro da foto do posteo anterior.

Labels:

7 Comments:

At 25/02/2008 14:26 , Blogger elvira carvalho said...

Então muito prazer sr. Salgueiro.
Mais um para a familia das árvores.
E eu sou carvalho, que também é como sabe uma bela árvore.
E Leo está bem?
Um abraço e uma boa semana

 
At 25/02/2008 14:55 , Blogger Ana said...

Alá, e eu como non acertei, non podo comer,humpf!

Por certo, o meu apelido tamén e un arbore : pereira, ademais ten fruto e o teu non....

Bicos Salgueiro
( estou de guasa ,eh)

 
At 25/02/2008 17:21 , Blogger busto.agolada said...

Pedro Salgueiro VI, lémbrame un rei que mandaba na Paradanta e nas terras fronteirizas de Acedre.
Estades guapos na foto. Saúdos.

 
At 25/02/2008 21:11 , Blogger torredebabel said...

non sabía o nome da flor pero aqui, claro, éche moi comun o apelido Salgueiro ;-))

 
At 25/02/2008 21:25 , Blogger abueloscrisytoño said...

Fermosa historia de Gaifar.

 
At 26/02/2008 00:09 , Anonymous paidovento said...

Mira que atoparte no "sétimo" lugar. Unha mágoa non facerlle honra ao teu segundo apelido.

 
At 27/02/2008 00:12 , Blogger paideleo said...

elvira carvalho: síntome orgulloso de unirme a este bosque de amigos.
ana: estás convidada igual e máis se pertences ao bosque de apelidos.
busto.agolada: rei, rei non creo por mui rimbombante que soe o meu nome. O amigo da foto non lembro de que tribu era.
torredebabel: as flores do salgueiro non son mui coñecidas porque non destacan. O apelido Salgueiro non está mui extendido por aquí.
abueloscrisytoño: graciñas pero eu so trascribín a historia como ma contaron.
paidovento: terei que esmerarme para colocarme no lugar que me corresponde ;)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home