leoeosseus

luns, 17 de marzo de 2008

Camelias e cadros en Soutomaior

O domingo fomos ata o castelo de Soutomaior onde había unha exposición de camelias pero a sorpresa era que tamén había cadros dun tal Alfredo Erias nos que pinta esculturas e figuras medievais de monumentos galegos.
Gustoume o castelo, gustáronme as camelias, gustáronme os cadros, gustoume o xardín e aledoume ver aos abueloscrisytoño.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 18/03/08, 01:34 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Pedindo desculpa pela ausência, deixo um abraço e votos de uma Santa e feliz Páscoa.

 
Ás 18/03/08, 11:51 , Blogger busto.agolada dixo...

Vexo que foi unha xornada moi grata e interesante. Bastaba por si só o castelo e o seu xardín, pero ademais tíñache reservado moitas outras cousas agradables. Os cadros, a xulgar polo que nos amosas, parecen moi atraentes. Este creo que representa o sartego dos condes de Andrade que se conserva en Santa María do Azogue en Betanzos.
Unha aperta e bos dias de descanso.

 
Ás 18/03/08, 12:35 , Blogger Ana dixo...

Yo estuve por allá en enero,pero no me preguntes de quien era la exposición,porque ya no me recuerdo del nombre.
Los jardines son preciosos y el castillo.

Besos

 
Ás 18/03/08, 14:55 , Blogger d´Agolada dixo...

Eu xa hai tempo que non vou a ver ese castelo, pero lembro que era ben chulo. Seguro que o pasastes moi ben. Saúdos dende d´agolada.

 
Ás 18/03/08, 16:03 , Anonymous Anónimo dixo...

Vós a Soutomaior e nós ao Faro de Budiño. Unha pena que non quedaramos.

 
Ás 18/03/08, 16:14 , Blogger tangaranho dixo...

Pois sim, muito interessante...

 
Ás 18/03/08, 21:41 , Blogger asbeirasdoarnego dixo...

que casualidade aínda fun o mes pasado era moi bonito. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

 
Ás 19/03/08, 02:51 , Anonymous Anónimo dixo...

Vostede cre que o catalán é unha merda? E o galego?

http://sinblancaporelmundo.wordpress.com/2008/03/16/el-catala-es-una-puta-merda/

 
Ás 19/03/08, 08:33 , Blogger Torreira dixo...

Son o que che teñen os castelos,que nunca sabes o que vas a atopar dentro deles.Aperta pai

 
Ás 19/03/08, 10:06 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

encántame Soutomaior e sobre todo o xardín. Porque eu creo que os xardíns adoitan ser as partes máis bonitas dos castelos.



un bico grande.

 
Ás 19/03/08, 21:50 , Anonymous Anónimo dixo...

Gustoume moito que me fixese unha visita á miña páxina electrónica.

Desgraciadamente non teño moita xente que escriba en galego na miña bitácora.

Aínda non estiven en Galicia. Non, amento. Estiven unha vez de visita cando foi a ver á miña irmá en Santiago.

Non facía moi bo tempo así que me tiven que conformar cunha visita á catedral. Foi impresionante. Pero máis, non vin. Se cadra noutro ocasión.

 
Ás 21/03/08, 22:42 , Blogger paideleo dixo...

elvira carvalho: non hai que pedir desculpas...faltaría máis.
Unha boa Páscoa.
busto.agolada: todo está mui ben e o dos cadros foi unha sorpresa boa. O cadro é do sepulcro de Fernán Pérez de Andrade o bó.
ana: eu hai anos que non ía e notei que está millor que antes.
d'agolada: si, é mui chulo. Pena de que non fixese millor día para pasear polo xardín.
paidovento: si, habería que quedar para facer algunha viaxiña destas.
tangaranho: para min si.
asbeirasoarnego: non me extraña porque hai muitas visitas de todas partes.
sinblancaporelmundo: non hai idiomas merdentos senón xente merdenta e en tódolos idiomas do mundo.
torreira: eu sabía o das camelias pero non os cadros. Calquera día hai unhas probas de LK para desfrutar.
nébeda: o xardín é mui bó pero nos castelos o que me gusta son as almeas que lle dan significado ao castelo.
sinblancaporelmundo: alédome de que lle gustase Santiago e marabíllome co dominio do galego que ten. Vai ter que abrir un blogo en galego ;).

Graciñas a todos polos comentarios.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio