leoeosseus

mércores, 12 de marzo de 2008

Humanada suprema



Pór unha pilla de lixo nunha exposición de arte xa non é moderno. Ca. O super moderno é pór un can atado sen comida e auga diante dunha frase feita con comida para cans: " Eres lo que lees " e deixalo morrer de fame. Esta abominación ocorréuselle o ano pasado ao " artista " Guillermo Habacuc Vargas en Honduras. Enteireime lendo no blogo do trasno viaxeiro e asinei para que ese malnacido non volva montar unha exposición de " arte ". Asina aquí para que o caso do can " Natividad " non se repita e aproveito para cagharme na parteira que aproveitou a ese artista.

Etiquetas:

21 comentarios:

Ás 12/03/08, 23:05 , Blogger Ana dixo...

Xa lo habia leido noutro blogo,e tanben o firmei.
E unha vergonza que permitan que ese cabr... expoña su "arte".
Como e posible que estas cousas pasen?

P.S.
Non te tintes o pelo,e!
Un home e un home,jejeje

Bicos

 
Ás 12/03/08, 23:18 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu non daba creto cando vin esta noticia por vez primeira. Non dou entendido tal aberración. Definitivamente unha humanada abominable!!

 
Ás 13/03/08, 00:07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que razón tes! Xa me mandaran a artistada por correo electrónico e non daba creto.
Por certo, para andar escaso de ideas como me contaron, non paras de "postear"
Unha aperta.

 
Ás 13/03/08, 01:14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Já assinei amigo. Um abraço


À margem: eu nãestou maluca embora também não esteja bem de saúde. A explicação para o post do vídeo, está em que tentei várias vezes na Sexta-feira, postar o vídeo, mas o sr. You Tube fez o favor de só o enviar hoje. Já corrigi. Aproveito para pedir desculpa da ausência, mas a saúde não está muito bem

 
Ás 13/03/08, 09:46 , Anonymous Anónimo dixo...

É o típico caso no que dicir: "O mesmo había que facerlle a él."

 
Ás 13/03/08, 12:26 , Blogger Mer dixo...

éche unha pasada, eu tamén o puxen no blogue porque cando me enterei non podía crelo, de verdade

somos tan inhumáns os humáns?

ao parecer sí, o artista voltou ser convidado ao mesmo certame no ano 2008, polo tanto JOSÉ IGNACIO DE JUANA CHAOS é unha obra de arte e un súper-artista a un tempo ¿?

 
Ás 13/03/08, 12:56 , Blogger Unknown dixo...

Eu xa o tiña posteado no blogue, coma tí e Mer. Paréceme alucinante a pasividade da xente, porque son eu e collo ó can e lévoo para a casa, así me deteñan ou me dean unha malleira na saída.

Ocórrenseme moitos cualificativos pero todos se quedarían curtos.

Iso si, se algún día, deus o quixer, me atopo con este chabacano, unha boa boufada non lla quita ninguén.

 
Ás 13/03/08, 13:24 , Blogger Berta Helena dixo...

Muito bem dito! Completamente de acordo contigo.

Abraço.

 
Ás 13/03/08, 15:13 , Blogger oko dixo...

indignante. e inhumano

 
Ás 13/03/08, 18:49 , Blogger Suso Lista dixo...

Arte? Unhas patadas nos güevos do "artista" cada cinco minutos tamén sería bo arte

 
Ás 13/03/08, 20:12 , Blogger asbeirasdoarnego dixo...

Non coñecía eu eso, coincido con ana, non é digno que lle expoñan a súa arte merda, aínda a fago mellor eu... ¿non si?. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com espero a túa visita

 
Ás 14/03/08, 00:09 , Blogger busto.agolada dixo...

Pobre can. E que pena me dá que existan persoas capaces de tales maldades.
Os que reaccionan con pasividade ante calquera tipo de agresión son igualmente culpables involuntarios.
Unha aperta.

 
Ás 14/03/08, 12:16 , Blogger Veloso dixo...

Non teño palabras. A miña confianza no ser humano diminúe a cada minuto. Este coitado can, o traballador Isaías Carrasco, as 17 mulleres que foron asasinadas no que vai de ano... Son todos símbolos da crueldade e absoluta inmoralidade de que somos capaces.
En fin, Paideleo, a pesar de todo, teñamos esperanza. Boa Semana Santa.

 
Ás 14/03/08, 15:24 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Igual habería que redefinir o concepto de arte... ou revisar as leis que permiten que o suposto "artista" deixe morrer a un can impunemente diante de todo o mundo.

 
Ás 14/03/08, 16:44 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Sen comentarios...
Incrible!

 
Ás 14/03/08, 20:35 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa coñecía o feito e xa asinei.

 
Ás 14/03/08, 20:45 , Anonymous Anónimo dixo...

Artistas hai moitos e de tódolas clases. Había un no meu pobo que era un artista porque podía beber máis de vinte cubatas sen caer de cú... ata que o fíjado se lle púxo en folga e deixou de ser artista.
O do can é una salvaxada, pero paréceme máis salvaxada aínda o da xente que paga para ver esta exposición... iso non ten nome:

- Oes, disque hai unha exposición na que deixan morrer a un can de fame.
- ¿Que dis?, iso non mo perdo por nada do mundo.

De pena.

 
Ás 16/03/08, 14:01 , Anonymous Anónimo dixo...

Canto tempo levaba sen escoitar a expresion de "me cagho na parteira que te aproveitou". Qué de lembranzas!

 
Ás 16/03/08, 22:57 , Anonymous Anónimo dixo...

Tamén asinei no seu momento...Paréceme incrible, non xa que un paisano fixera iso, que xa é estar enfermo, senón que as autoridades lle permitiran facelo...Ao millor este fillo da súa nai, foi capaz de dicir que non entendían a súa arte...

 
Ás 17/03/08, 04:10 , Blogger Mario dixo...

Eu xa vira isto, e a verdade é que me deu para sospeitar que fose un bulo, como tantos hai, e mesmo que a "obra de arte" sexa crear resposta social por un feito que nunca aconteceu. Á verdade é que agardo que sexa así.

 
Ás 22/03/08, 14:22 , Blogger Ana Bande dixo...

Eu tamén recibín cantidade de mensaxes e vin cantidade de blogs. Tomei un tempo para tratar de indagar sobre a verdade/falsidade da noticia e todo semella que hai moito de mentira pero tan suculenta que o artista non tira beneficio no desmentido e o bulo continúa. Que polo menos toda a historia serva para concienciarnos máis de que o que inflinxe dor aos animais só ten que dar un pequeno paso para facer o mesmo coas persoas, como xa sabemos. Un saúdo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio