leoeosseus

domingo, 4 de maio de 2008

Pantalla negra



O día primeiro de maio o ordenador non quixo traballar e non houbo maneira. A única maneira de poñelo a andar de novo pasou polo borrado de todo o que tiña gardado e alá foron centos de fotos, dados e programas. Un desastre, vaia. Agora toca tirar para diante tomando máis precaucións.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 04/05/08, 22:38 , Anonymous Anónimo dixo...

Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaai, que dor!!!!

 
Ás 04/05/08, 22:56 , Blogger busto.agolada dixo...

Canto o sinto. Sei que non é momento de bromas, pero nunca unha foto estivo tan apropiada para o caso.
Unha aperta.

 
Ás 04/05/08, 23:36 , Blogger Ghanito dixo...

síntoo moito :-(

Como consello con certo retraso os discos externos baixaron moitísimo o prezo e podes ter unha copia de seguridade moi cómoda de manexar e ter ao día.

 
Ás 04/05/08, 23:55 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Lembro perfectamente esa sensación.
Amola de carallo. De seguro que ghanito ten razón; sin perxuizo doutras precuacións.

Unha aperta

 
Ás 05/05/08, 12:03 , Blogger Raposo dixo...

Sería que o ordenata celebrou a festa dese día a súa maneira.

 
Ás 05/05/08, 12:25 , Blogger Mer dixo...

Vaia, canto o sinto, sempre nos teñen que pasar cousas así para tomar precaucións para a seguinte vez.

Eu despois dunha experiencia parecida, además de copias en cds, teño álbumes privados, sen acceso, en internet... por si perdo un cd ou se estropea. Xa non hai que fiarse.

Biquiños.

 
Ás 05/05/08, 12:26 , Blogger Mer dixo...

Lin por ahí o dos discos externos, tamén é unha boa opción, suxíroche que busque es www.pcbox.es hai, ten 3 tendas en Vigo.

 
Ás 05/05/08, 15:25 , Blogger Bea dixo...

Buf eu creo que me pasa iso a min e non sei... ánimo!

 
Ás 05/05/08, 16:48 , Anonymous Anónimo dixo...

Síntoo, meu, iso amola de carallo.

 
Ás 05/05/08, 18:52 , Blogger d´Agolada dixo...

Eu para que non me pasen estas cousas teño todo nun disco extraíble, o problema é como falle ese, entón vaiseme todo á merda. Sinto moito a tua perda. Unha aperta.

 
Ás 06/05/08, 00:29 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

A tecnologia tem destas coisas. Nada como ter cópias das fotos e dos documentos mais importantes.
há dias vi numa revista de informática, que havia um programa especial para recuperar fotos que foram eliminadas.
Um abraço

 
Ás 06/05/08, 09:12 , Blogger X dixo...

Esta é unha das situacións difíciles da vida porque sentes que che roubaron a parte de ti que tiñas nela. Véxao como unha maneira de cambiar de aires, como se estrease casa nova, iso si, un disco duro externo por riba de todo. Saúdos e síntoo.

 
Ás 06/05/08, 18:17 , Blogger Pau dixo...

Sintocho ben. Eu tamen debería de facer unha copia de seguridade, pero un día por outro sigo sin facela

 
Ás 18/05/08, 00:59 , Blogger LM dixo...

http://oblodelm.blogspot.com
/2008/05/backup.html

que mágoa! nós já te fizemos caso e copiamos todo. abraços

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio