leoeosseus

luns, 23 de xuño de 2008

Noite de San Xoán



Eu lembro de sempre esta noite coma unha noite especial. Lembro saltar por riba do lume. Cantar en corro arredor da fogueira. Ir buscar carros e portais para levalos a outro lado ou penduralos como o portal da foto, testemuña do san Xoán do ano pasado. Nunha ocasión estaba cunha rapaza diante da súa casa e entrou unha xente a roubar o carro do pai e o pai saiu e pegou un tiro ao aire. E noutra ocasión entramos catro amigos no cemiterio de Vilaguindastre e pillounos a patrulla da policía local e chimpamos polo muro fóra pero un amigo caiu nas mans da policía e pasou a noite no cabozo do concello. Lembro saltar por riba duns folios ardendo nun balcón dunha casa de Londres porque o compañeiro do piso, galego tamén, non quería deixar de celebrar o san Xoán...

Nada, que esta noite foi especial sempre e ogallá o siga sendo anque eu xa non participe nesas lideiras.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 24/06/08, 11:09 , Blogger LM dixo...

ui...pois agora tens de aprender-lhe a alguem o especial desta noite...

 
Ás 24/06/08, 13:13 , Blogger Mer dixo...

eu onte saltei a fogueira, din que hai que saltala 3 veces, nunca fun roubar portais pero sí saltar o valado da piscina municipal do pobo dos meus avós e darnos un chapuzón en roupa interior, para logo saír correndo ao chegar a garda civil
¡ qué tempos aqueles!

unha aperta

 
Ás 24/06/08, 17:49 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Canta razón tes, nos tamen iamos levar portais e carros, e tíñamos que escapar das escopetas e mangueirazos(no millor dos casos) pero pasabamolo ben.
Saúdos, e noraboa

 
Ás 24/06/08, 19:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O de saltar por riba duns folios en Londres ten mérito, si señor. A tradición é a tradición!!

Unha aperta

 
Ás 24/06/08, 23:34 , Blogger Cuspedepita dixo...

Ai, amiguiño, non soñes con deixar de participar nestas lideras. Xa verás cando o Leo medre un pouquichiño máis como participas nestas e en vintecincomil máis ;-)
Os fillos devólvennos á xuventude ! :-))
Non lle hai que facer ! :-))
Bicos

 
Ás 25/06/08, 09:44 , Blogger V dixo...

Menudos trastos erades!!

 
Ás 25/06/08, 13:21 , Blogger Bea dixo...

Aisss e eu que nunca fixen cousas de esas... so saltar por enriba da fogueira... Un bico ;)

 
Ás 25/06/08, 18:16 , Blogger Unknown dixo...

Desta vez tamén foi especial, coma sempre. melindres e queimada.

 
Ás 25/06/08, 23:13 , Blogger Suso Lista dixo...

Este foi o meu primeiro ano, no que non saltei por riba da cachela...esto non está nada ben, e xa non as teño todas conmigo. Saúdos

 
Ás 26/06/08, 22:30 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!Si señor! A tradición é a tradición

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio